3 deliciosas receitas con Tortillas de trigo coas que podes facer un xantar ou cea informal ou improvisar na túa cociña.

3 receitas con Tortillas de trigo, sinxelas e irresistibles!

23 de xuño de 2023

Prepárate para gozar os bocados máis especiais coas nosas Tortillas de trigo. Son perfectas para un xantar ou cea informal e tamén para cando non tes tempo ou gana de cociñar. Permítenche improvisar en cuestión de minutos, xa que son moi fáciles e rápidas de preparar. Así que tamén podes gozalas en calquera momento do día.

Ademais, destacan pola súa gran versatilidade, xa que podes dobralas de diferentes maneiras e obter atractivas presentacións: tipo fajitas, burritos, abertas… E por se isto fose pouco, gústanlle a todo o mundo, grandes e pequenos, e son unha excelente opción para a túa cesta equilibrada.

O mellor de todo é que podes combinalas cos teus recheos favoritos, hai infinidade de posibilidades. Se buscas inspiración, ofrecémosche 3 suxestións das que nunca fallan, pero ti decides o interior da túa tortilla, de acordo?
Sigue o paso a paso das nosas receitas e prepara un xantar ou cea rápida, riquísima e divertida con estas Tortillas de trigo.

Paso a paso para preparar estas 3 deliciosas receitas

Tortilla con tortilla

Ingredientes para Tortilla con tortilla de Mercadona

1. Bate un ovo e engade un puñado de patacas palla.

2. Quenta unha tixola cun fío de aceite e engade o ovo coas patacas.

3. Tan pronto como calle e co lume baixo, coloca a tortilla de trigo. Se fose necesario, adapta o tamaño da tortilla ao da tixola.

Paso 3 Receta Tortilla con Tortilla: colocar la tortilla de trigo

4. Dálle a volta á tortilla e, sobre esta, coloca dous ou tres liscos de xamón, dúas cortadas de mozzarella e un puñado de espinacas.

5. Dobra a tortilla pola metade e doura por ambas as dúas caras.

Tortilla Hack

Ingredientes Tortilla Hack

1. Corta a tortilla desde o centro ata un dos extremos.

2. Divide a tortilla en 4 cuadrantes, coloca o aguacate cortado en abano.

Paso 2 Receta Tortilla Hack: dividir en 4 cuadrantes

3. Seguidamente, os cóengos co tomate seco partido en metades.

4. Despois, unta a olivada.

5. Termina estendendo o requeixo.

6. Pasa pola prancha, sen aceite, por ambos os dous lados, ata que doure.

Wrap de polo

Ingredientes Wrap de pollo con tortilla de Mercadona

1. Mestura con enerxía o iogur co zume de limón.

2. Sobre a tortilla, estende lonxitudinalmente o polo, a leituga, os tomates cortados pola metade e o millo.

3. Salsea co iogur con limón.

Paso 3 de la Receta Wrap de Pollo: salsear con yogur con limón

4. Cerra as tortillas sobre si mesmas. Cerra cun escarvadentes se fose necesario.

5. Marca na prancha por ambos os dous lados.

Outras recomendacións

Se vas máis alá e che gusta innovar, non te cortes e prepara tortillas coas formas máis orixinais e divertidas: conos, nachos, barquiñas, tacos…

E se prefires as Tortillas de trigo 100 % integrais, consulta as nosas suxestións de receitas.

Outro excelente recurso moi versátil para improvisar na túa cociña é a Piadina. Aprende como preparala e sigue as nosas propostas de consumo.