Suxerímosche as mellores ideas de consumo co noso guacamole, elaborado cun 95 % de aguacate fresco.

O clásico Guacamole de Mercadona: 95% de aguacate fresco

19 de xuño de 2023

Un dos clásicos máis populares de Mercadona é o noso Guacamole, elaborado cun elevado contido de aguacate fresco (95 %).

Seguro que a estas alturas xa o coñeces, pero esta salsa de guacamole segue marcando a diferenza entre os padais máis esixentes. É un produto riquísimo e ideal para a túa cesta equilibrada, que cho pon fácil na túa cociña.

Características do Guacamole de Mercadona

  • Con que ingredientes se elabora? Esta salsa de orixe mexicana está elaborada a base de aguacate maduro, xalapeño, coandro e cebola, entre outros.
  • Que porcentaxe de aguacate contén? O noso guacamole é un alimento rico en graxas saudables, fibra, vitaminas e minerais, elaborado cun 95 % de aguacate.
  • Como che gusta máis o guacamole? É un produto moi versátil, xa que pode servirse como aperitivo, acompañando pratos principais ou como ingrediente en ensaladas e wraps.
  • Facilidade e comodidade. É un guacamole saboroso, equilibrado e fácil de combinar con outros ingredientes. Non vale a pena que o prepares ti, porque o seu sabor é 100 % caseiro. Iso afórrache moito tempo na cociña.
  • Con que alimentos podes combinalo? Ofrecémosche unha ampla variedade de produtos para acompañar o guacamole: por exemplo, os nosos nachos, crocantes e saborosos, tortillas de trigo, crudités
  • Dous tamaños para elixir: grande (terrina de 500 g) e pequeno (terrina de 200 g).

6 ideas de consumo

Ademais, xa sabes que o Guacamole che dá moitas opcións de preparación e uso. Podes consumilo como entrante ou aperitivo ou botarlle unha pouca imaxinación máis: é ideal para comer en tostas, fajitas, sándwichs, wraps; ou se queres dipear con nachos, tortiñas de trigo ou crudités de verduras, como ingrediente de ensaladas, pastas…

A continuación, dámosche algunhas ideas de consumo:

Nachos con guacamole

Nachos con guacamole de Mercadona

Soamente tes que abrir o noso delicioso guacamole e servilo acompañado de nachos.

Crudités con guacamole

Crudités con guacamole de Mercadona

1.Lava e corta os pementos, o cogombro e a cenoria en bastóns dun grosor similar.

2. Retira os fíos grosos e limpa os cantos da rama de apio para cortala en anacos tamén en bastóns.

3. Lava os tomates cereixa e colócaos nunha bandexa enteiros, xunto ao resto de verduras cortadas.

Ovos recheos de guacamole

Huevos rellenos de guacamole de Mercadona

1. Pela 6 ovos cocidos, párteos pola metade e separa as claras das xemas.

2. Cun garfo, machuca as xemas salpementadas e mestura cuns 200 g de guacamole ata crear unha pasta homoxénea.

3. Enche as claras coa masa e sirve esparexendo con coandro.

Ensalada de tomate e atún con guacamole

Ensalada de tomate y atún con guacamole de Mercadona

1. Lava e corta en anacos 1 tomate de ensalada en 8 ou 10 cuarteiróns e combina con 6 tomates cereixa cortados pola metade nun recipiente.

2. Bota 1 lata de atún, colocándoa en anacos por todo o prato, con delicadeza, sen romper os lombos demasiado.

3. Espalla 1 cullerada de carochos e bota o guacamole por enriba, en pequenas esferas arredor de todo o prato.

4. Salpementa e adereza con aceite, vinagre de mazá e o zume de 1 lima.

5. Remata con coandro acabado de picar e a reladura da lima.

Wrap de polo con guacamole

Wrap de pollo con guacamole de Mercadona

1. Sobre una tortilla de trigo estendida bota uns 100 g de guacamole, 70 g de tiras de polo ao forno, 20 g de liscos de grana padano, media lata de millo, uns ravos e 20 g de leituga formando unha tira, de extremo a extremo, deixando sen encher uns dous dedos.

2. Dobra a tortilla primeiro pola base e despois polas ás.

3. Leva á prancha para marcar a tortilla lixeiramente por ambos os dous lados.

4. Sirve e a comer!

Pasta fresca con guacamole e tomate seco

Pasta fresca con guacamole de Mercadona y tomate seco

1. Pica ½ cebola vermella en cubiños finos e corta 12 tomates secos en tiras.

2. Coce unha bolsa de tagliatelle en auga cun pouco sal uns 2-3 minutos. Pasado este tempo, retira do lume e coa.

3. Coa pasta aínda temperada, adereza coa cebola, o tomate seco, 2 cullerada de vinagre de Módena, 5 culleradas de aceite e pementa negra segundo vos guste.

4. Mestura o conxunto con 200 g de guacamole e termina cun pouco coandro picado se o desexas.

Como ves, o Guacamole permite moitas formas de consumo e presentación. Animámoste a poñer en marcha a túa inventiva para gozar a tope desta suculenta salsa.

Outras recomendacións

Suxestións: unta o guacamole nas nosas crocantes Tortiñas de millo.

13 receitas equilibradas para gozar de ceas lixeiras, fáciles de preparar e cunha rica diversidade de ingredientes.

Coñeces as nosas Ensaladas verticais?