Aprende a preparar esta rica receita de Robaliza con vinagreta e ameixas.

Receita de Robaliza con vinagreta e ameixas

03 de novembro de 2023

Vas cociñar este Nadal? Se buscas un prato elegante e sofisticado que deixe plenamente satisfeitos aos teus comensais, esta Robaliza con vinagreta e ameixas é unha excelente elección.

A combinación de sabores e texturas é infalible. A robaliza, suave e saborosa, reálzase cunha vinagreta que anima cada bocado. As ameixas completan esta preparación co seu profundo sabor a mar.

É moi fácil de preparar! Pon o forno a quentar e prepara as tixolas, se segues as nosas indicacións vaiche saír fenomenal.

Paso a paso para preparar a nosa receita de Robaliza con vinagreta

Ingredientes para 4 persoas

  • 4 lombos de robaliza.
  • 420 g de ameixas.
  • Ceboliño.
  • 1 tomate pera.
  • ½ limón.
  • ½ cebola tenra.
  • ½ vaso de leite.
  • Pementa negra.
  • Sal.
  • Aceite de oliva.
  • Vinagre de xerez.
  • 15 g olivas negras.

Paso a paso

1. Salpementa os lombos de robaliza. Nunha bandexa para forno verte un pouquiño leite e un fío de aceite. Coloca os lombos coa pel cara a arriba. Mete no forno a 200 ºC uns 5 minutos.

Paso a paso para preparar nuestra receta de Lubina con vinagreta.

2. Nunha tixola con moi pouco aceite, refoga as ameixas a lume intenso ata que abran. Reserva.

Paso a paso para preparar nuestra receta de Lubina con vinagreta.

3. Fai unha vinagreta: pica moi fino o ceboliño, a cebola tenra, o tomate pelado e as olivas sen óso. Mestúrao todo nun cunco.

Paso a paso para preparar nuestra receta de Lubina con vinagreta.

4. Adereza cun chorriño de vinagre de xerez, aceite, zume de limón, sal e pementa. Engade o zume que deixaron as ameixas ao abriren. Remove.

Paso a paso para preparar nuestra receta de Lubina con vinagreta.

5. Coas robalizas fóra do forno, emprata cada lombo coas ameixas e coroa cunhas culleradas de vinagreta por enriba.

Paso a paso para preparar nuestra receta de Lubina con vinagreta.

Segredo do xefe de cociña

Ao refogar as ameixas, engade un chorriño de viño branco para potenciar o seu sabor. Non botes sal nin limón durante a cocción.

Outras recomendacións

Se buscas ideas para pratos de peixe, aquí tes esta Receita de bacallau con muselina de allo.

Completa o teu menú con este Plumcake de pataca doce e pistachos.

Xa están aquí os clásicos de sempre na nosa selección de Turróns, que tamén trae novidades.