Presentámosche unha receita perfecta para as túas sobremesas, os teus almorzos e as túas merendas: Plumcake de pataca doce e pistachos, unha deliciosa combinación de sabores doces e exóticos que lle encantará a toda a familia e aos amigos.
No che levará moito tempo, é moi fácil de preparar e valerá a pena gozar do sabor exquisito deste biscoito feito na casa. Só tes que seguir as nosas indicacións.
Ingredientes para 6 persoas:
- 250 g de patacas doces
- 4 ovos
- 75 g de manteiga sen sal
- 150 g fariña de espelta
- 100 g de dátiles
- 50 g pistachos
- 1 sobre de lévedo
- Sal
- Canela
- Mel
- Froitas ao gusto: manga, papaia, plátano, kiwi
Paso a paso:
1. Picar os dátiles e os pistachos.
2. Pelar e relar a pataca doce.
3. Bater os ovos e engadir a manteiga diluída, un chisco de sal e outro chisco de canela.
4. Engadirlle á mestura os dátiles, pistachos e a pataca doce. Mesturar.
5. Barutar pouco a pouco a fariña e o lévedo. Mesturar uniformemente.
6. Verter a mestura nun molde con papel de forno e meter neste electrodoméstico, previamente quentado na posición arriba e abaixo a 180 ºC durante 40 minutos.
7. Sacar do forno, servir e botar un pouco mel por enriba do biscoito.
8. Poñer unha macedonia de froitas ao gusto: manga, papaia, plátano e kiwi cun toque de mel.
Outras recomendacións
Se che interesan as receitas fáciles para sobremesas, almorzos e merendas gustarache esta de Biscoito sen Glute recheo de crema de limón e froitas do bosque. Riquísima!