3 receitas con chocolate fundir para compartir coa túa parella en San Valentín

Tres sinxelas receitas de San Valentín con chocolate para fundir

10 de febreiro de 2023

San Valentín e o chocolate adoitan ir da man. Gozar do seu rico sabor, regalalo e compartilo son costumes habituais nesta data.

Por iso, suxerímosche tres receitas con chocolate para fundir para gozar en boa compañía que poderás elaborar con algúns chocolates da nosa selección Choco Fundir. Ideais para dous e para momentos especiais. Moi sinxelas e rápidas de preparar, combinan o explosivo sabor do chocolate co toque saudable da froita ou dos froitos secos.

Se queres ter un detalle coa túa parella, prepáralle un destes caprichos doces, vaslle dar unha boa sorpresa!

Tamén pode servir como sobremesa para a vosa cea romántica de San Valentín. Incluso podedes pasar un bo momento cociñando xuntos calquera destas receitas e logo degustalas xuntos. Vanvos encantar!

Bocadiños con froitos secos

Receta para San Valentín: Bocaditos con frutos secos

  • 200 g de Choco Fundir negro.
  • 20 g de noces peladas.
  • 20 g de améndoas peladas.
  • 20 g de pistachos pelados.
  • 20 g de arandos deshidratados.

1. Introduce unha bandexa forrada con papel vexetal no conxelador durante media hora para que estea moi fría.

2. Parte as noces pola metade e os arandos en anacos regulares.

3. Funde o chocolate seguindo as instrucións do envase.

4. Retira a bandexa do conxelador e verte 2 culleradas de chocolate nela creando montículos. Procura separar os montículos entre eles, de maneira que queden separados para que non se peguen.

5. Reparte por enriba do chocolate as noces e os arandos, as améndoas e os pistachos.

6. Deixa arrefriar na neveira durante media hora, máis ou menos.

7. Saca a bandexa da neveira e, con coidado, separa os bocadiños do papel vexetal.

Piruletas de froitas cubertas de chocolate

Recetas de San Valentín: Piruletas de frutas cubiertas de chocolate

  • 10 g de Choco Fundir chocolate negro por espeto.
  • Choco Fundir chocolate branco para decorar cada espeto segundo o teu gusto.
  • Catro amorodos grandes.
  • Unha mazá.
  • Un plátano.
  • Unha laranxa.
  • Un kiwi.
  • 20 g de améndoa en cubiños.

1. Pela un kiwi, un plátano, unha laranxa e lava ben unha mazá e varios amorodos grandes. Suxerimos pintar con limón o plátano e a mazá para que non se oxiden e queden visualmente perfectos.

2. Tosta lixeiramente as améndoas en cubiños nunha tixola sen aceite.

3. Corta o kiwi, a mazá e o plátano en rodas, a laranxa en cuarteiróns e os amorodos enteiros.

4. Cun pau de espeto, crava as froitas con delicadeza, pero o suficiente para que queden ben fixadas.

5. Funde o chocolate negro e o chocolate con leite, seguindo as instrucións do envase.

6. Coa axuda dunha culler, baña en chocolate negro a metade das froitas e a outra metade no chocolate con leite.

7. Esparexe unha pouca améndoa nas que desexes.

8. Arrefría na neveira, sobre papel vexetal e evitando que se peguen os espetos, ata que o chocolate endureza.

9. Termina fundindo o chocolate branco e verte un fío deste sobre algunhas das froitas para decorar o exterior.

Torre de Crêpes de chocolate

Receta de San Valentín: Torre de Crepes de chocolate

  • 450 g de Choco Fundir chocolate con leite.
  • 30 g de Choco Fundir branco para decorar.
  • 400 g crêpes.
  • 100 ml nata para montar.
  • 10 framboesas.

1. Prepara as crêpes, no microondas ou na tixola con manteiga, segundo se indica no envoltorio.

2. Funde algo máis da metade do chocolate con leite.

3. Coloca unha base de crêpe, unta con chocolate e coloca unha crêpe enriba.

4. Vai repetindo ata que se acaben as crêpes.

5. Funde coa nata o chocolate con leite restante, tempera sen que chegue a solidificar e bota por enriba da torre cando aínda flúa a mestura, pero comece a estar ben densa.

6. Termina pintando varios corazóns con chocolate branco fundido e decorando cunhas framboesas. Deixa arrefriar polo menos 2 horas na neveira.

Outras recomendacións

Na nosa sección de receitas podes encontrar inspiración para preparar a túa cea romántica de San Valentín.

Encontra outras ideas de momentos doces para compartir, como as trufas e o biscoito de chocolate.

E que che parece compartir uns flocos de millo neste día especial?