As saladas son unha boa opción en calquera época do ano. Hai moitos xeitos de as elaborar, en Mercadona seleccionamos esta deliciosa salada de tomate, berenxena e mozzarella. Tamén incorpora outros alimentos como os piñóns, a eiruga ou as olivas negras. Unha receita saborosa que poderás degustar quer nos teus xantares quer nas túas ceas. Ao se consumir en frío, é apta para a gardares nun tupper e a levares ao traballo.
Con este vídeo verás o doado que é preparar esta salada de tomate, berenxena e mozzarella.
Ou segue o práctico e pormenorizado paso a paso para elaborares esta deliciosa salada.
Receita de salada de tomate, berenxena e mozzarella
Para catro persoas
Ingredientes:
- 2 tomates maduros
- 1 berenxena
- 1 paquete de mozzarella
- 25 gr. de tomates secos
- 10 gr. de piñóns
- 1 paquete de eiruga
- 25 gr. de olivas negras
- aceite de oliva, sal e pementa negra
1. Mestura os tomates secos nun bol con aceite, previamente picados, e mais os piñóns. Reserva o prebe.
2. Corta a mozarella en rodelas uniformes.
3. Corta o tomate en rodelas uniformes
4. Corta en rodelas a berenxena, sálgaas e déixaas repousar uns 20 minutos
5. Limpa as rodelas da berenxena con auga (truco para a berenxena quedar máis tenra) e pásaas por unha tixola até colleren unha cor dourada.
6. Monta o prato intercalando as rodelas de tomate, berenxena e mozzarella e engade a eiruga por enriba.
7. Incorpora as olivas e mais o aceite cos tomates secos e cos piñóns. Salpimenta ao gusto e listo para servires.
Mercadona apoia a campaña "Fruta y Verdura de aquí y de ahora" do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente que recomenda o consumo de froita e mais de vexetais de xeito regular xa que, pola súa calidade, sabor e variedade, fornecen de vitalidade o organismo.
Outras recomendacións
Acompaña a salada con esta receita de bacallau á rioxana ou co falafel con prebe tahina de Mercadona.