Coñeces o noso Cacahuete en Po? É 100 % cacahuete que se prensou, desengraxou e moeu para conseguir un produto moito menos calórico que o cacahuete en gran.
Goza do seu intenso sabor a cacahuete torrado e utilízao en diferentes pratos e preparacións. Ao ser un produto en po é perfecto para disolvelo ou mesturalo xunto a outros ingredientes. Aquí ensinámosche algunhas receitas.
Nas nosas tendas poderás encontralo na sección dos froitos secos.
Un produto moi valorado por deportistas e amantes da cociña
É un produto para todos os públicos, pero especialmente indicado para as persoas que se coidan e ás que lles gusta cociñar.
- As persoas deportistas valórano por ser unha opción baixa en graxas e alta en proteína. Ten 14 g de proteínas por cada 30 g de cacahuete en po e unha redución de graxa do 70 %.
- Aos amantes da cociña sedúceos a súa versatilidade, que lles permite infinidade de utilidades: mesturando en batidos, en pasteis ou en pratos salgados como salsa.
Aprende a utilizar o Cacahuete en Po con estas receitas, verás que delicia!
4 Receitas con Cacahuete en Po
Cunco de iogur
- Incorpora nun cunco iogur e engade dúas culleradiñas de po de cacahuete.
- Remove.
- Engade os topping que máis vos gusten, como flocos de avea, arandos e mel.
Smoothie
- Mestura nun vaso de batedor uns 300 g de iogur grego lixeiro, 1 plátano, 6 fresas e 2 culleradas sopeiras de po de cacahuete.
- Mestura a máxima potencia.
- Engade a metade do volume da mestura en xeo e volve triturar a máxima potencia.
- Smoothie listo para 2 o 3 vasos.
Salsa de cacahuete con Espetos de polo
- A 2 culleradas sopeiras de po de cacahuete engádelle iogur grego (ou calquera iogur) ata que alcance a textura de salsa desexada.
- Engade 1 culleradiña de curry, media culleradiña de xenxibre en po e media culleradiña de allo en po.
- Remove e rectifica de sal ou especias.
- Acompaña con espetos de polo.
Torrada de crema de cacahuete
- Sobre 2 culleradas sopeiras de po de cacahuete engade auga ou leite e vai removendo ata conseguir a textura de crema de cacahuete.
- Unta unha torrada de pan integral e completa con plátano cortado en rodas.
Outras recomendacións
Aprende a preparar 4 deliciosas receitas con claras de ovo.