Buscas unha sobremesa irresistible para as túas celebracións de Nadal? A Torta de requeixo é unha opción versátil que pode deixar satisfeitos aos teus invitados e poñer o broche perfecto a calquera reunión.
Nesta receita a suavidade e frescura do requeixo forma un delicioso tándem coa dozura da marmelada de arandos. A preparación é moi sinxela, só tes que seguir as nosas indicacións.
Sigue o paso a paso da nosa Receita de Torta de requeixo e queixo suave con marmelada de arandos
Ingredientes para 4 persoas
- 150 g de galletas.
- 200 g de requeixo.
- 150 g de queixo suave.
- 200 ml de nata.
- Marmelada de arandos.
- 100 g de azucre.
- 60 g de manteiga.
- 3 ovos.
Paso a paso
1. Tritura as galletas e mestura coa manteiga derretida previamente.
2. Nun molde desmontable con papel vexetal, coloca a mestura da galleta e prensa ben ata formar unha base. Cociña durante 5 minutos no forno a 180 ºC.
3. Mestura o requeixo co queixo de untar suave, a nata, o azucre e os ovos.
4. Cun batedor, consigue unha crema homoxénea e sen grumos.
5. Sirve no molde coa base de galleta que tiñamos preparado.
6. Cociña durante 30 minutos no forno a 180 ºC. Ten que quedar tostada por enriba, pero que se ondule, que “baile” lixeiramente ao movela.
7. Sirve coa marmelada de arandos.
Consello do xefe de cociña: para obter unha torta cun centro máis líquido e cremoso, reduce 10 minutos o tempo de cocción da torta e nos últimos 5 minutos utilizar a función grill para confeitar a parte superior.
Outras recomendacións
Mira todos as sobremesas doces que podes preparar coas nosas Xelatinas: mousse de amorodo, torta de piña, pannacotta...
Buscas un prato principal completo? Proba esta receita de Tataki de Salmón.