Temos unha ampla selección de doces de Nadal preparados para estas festas. Descúbreos!

Quen se resiste aos nosos Doces de Nadal?

25 de novembro de 2020

Ano tras ano, os doces de Nadal alégrannos as sobremesas. Puntuais á súa cita, os turróns, polvoróns, mazapáns, bombóns e trufas entusiasman a pequenos e maiores. Tenos preparados para as túas reunións de Nadal. E que sirvan para adozarnos un pouco a vida.

Ampla selección de Doces de Nadal en Mercadona

Polvoróns e mazapáns a granel

  • Polvorón ao chocolate
  • Manteigado caseiro
  • Manteigado de aceite
  • Manteigado de coco
  • Polvorón de améndoa
  • Manteigado de cacao
  • Follado
  • Follado ao chocolate
  • Alfajor de améndoa
  • Rosca de viño e améndoa
  • Follado de crema sen azucre engadido
  • Manteigado de limón
  • Manteigado de canela
  • Cortado de cabelo de anxo
  • Manteigado caseiro sen azucre engadido
  • Manteigado de limón sen azucre engadido
  • Manteigado de limón sen glute
  • Manteigado de cacao sen glute
  • Bóliñas de coco

Caixa selección de Nadal

Estoxo variado de produtos do Nadal, composto por manteigado de cacao, manteigado de aceite de oliva, polvorón de améndoa, manteigado caseiro, manteigado de limón, rosca de viño e améndoa, follado ao chocolate e bóliña de coco. Todos eles presentan unha textura suave, un sabor doce, cos aromas característicos.

Tronco de Nadal

Interior de biscoito enrolado de vainilla con recheo de trufa. Na superficie, o produto vai bañado con cobertura negra raiada en forma de codia de árbore e decorado con motivos do Nadal. Ademais, este doce conxunto remata cunha barriña de chocolate na que se pode ler a mensaxe "Felices Fiestas".

Imagen Dulces Navidad 2020

Turróns

  • Turrón branco limón

Unha das nosas novidades deste ano. Turrón de chocolate branco con recheo de limón. Interior cremoso de sabor cítrico.

  • Turrón choco crocante

Turrón de chocolate con leite crocante. Textura aínda máis cremosa do chocolate e crocante á súa vez. Sabor propio do chocolate.

  • Miniporcións variadas

Turrón variado de miniturróns composto por 4 unidades dos seguintes produtos: turrón chocolate crocante, turrón duro, turrón brando e turrón de xema tostada.

  • Turrón xema tostada

Turrón a partir de améndoa moída e xema confeitada, enriquecido con leite condensado e aromatizado. Queimado superficialmente con textura zumarenta.

  • Turrón pistacho

Turrón de chocolate branco con recheo de pistacho. Interior cremoso con anacos de pistacho.

  • Turrón cacahuete frito mel

Turrón de chocolate con leite e cacahuete tostado frito con mel. Sabor propio do chocolate con leite e cacahuete tostado con textura cremosa.

Imagen Dulces Navidad 2020 2

  • Chocolate Negro 72% améndoa

Turrón de chocolate negro con 72% cacao e améndoas enteiras tostadas. Textura cremosa con intenso sabor a chocolate negro.

  • Turrón cacahuete brando

Turrón brando elaborado a partir de cacahuete. Con anaquiños de cacahuete tostado. Textura cremosa con intenso sabor e aroma propios de cacahuete.

  • Turrón cacahuete duro

Turrón duro de cacahuete de textura crocante. Sabor e aroma intensos propios do cacahuete.

  • Turrón duro con améndoas sen azucres engadidos

Textura crocante. Sabor intenso a améndoa tostada aromatizado con aroma de mel.

  • Turrón duro

Turrón duro feito a base de améndoas. Textura crocante, con aroma a mel e améndoas tostadas.

  • Turrón brando

Turrón brando de améndoa con anaquiños de améndoa tostada. Sabor intenso a mel e améndoa tostada. Textura cremosa.

Imagen Dulces Navidad 2020 3

Bombóns e trufas

  • Bombóns Delizze

Esferas de crocante barquillo, recheas de crema de leite, abelás e cacao e abelá enteira, cubertas de chocolate con leite e abelá.

  • Senzza corazón de améndoa

Bombón de delicioso chocolate negro recheo de praliné de améndoa con anaquiños de améndoa. Cada bombón está envolto individualmente e preséntase nun estoxo de cartón, que permite conservalos comodamente sen que o bombón perda as súas calidades.

  • Selección Senzza

A combinación perfecta de catro sabores para gozar de experiencias irrepetibles en calquera momento do día. Cada bombón está envolto individualmente:

  • Negro Abelá: bombón de delicado chocolate negro cun exquisito recheo de pasta de abelá co mellor trufado de leite.
  • Negro Fondant: bombón de saboroso chocolate negro fondant cun cremoso recheo de deliciosa trufa.
  • Leite Praliné: bombón de suave chocolate con leite recheo dun delicioso praliné de améndoa e abelá co auténtico trufado de leite.
  • Leite Améndoa: bombón de fino chocolate con leite recheo dun delicado trufado de leite e deliciosa pasta de améndoa tostada.

  • Trufas cacao

Masa de trufa coa súa forma propia a modo de manga pasteleira, recuberta de cacao en po.

Imagen Dulces Navidad 2020 4

  • Royal Mints

Barriñas de chocolate negro recheas de crema sabor menta.

  • Bombón Licor cereixa

Chocolate negro recheo dun intenso toque de licor.

  • Cadbury

Selección de bombóns de chocolate con leite, con diferentes recheos.

Imagen Dulces Navidad 2020 5

Panettone e selección de galletas e barquillos

  • Selección Hans Freitag

Selección de Galletas e Barquillos, conta con ata 6 variedades distintas de deliciosos Barquillos de nata, Barquillos recheos de Chocolate, Galletas con guinda, Galletas pintadas con delicioso Chocolate, Galletas de Azucre, e Lazos de Chocolate.

  • Panettone clásico

É unha sobremesa tradicional italiana de Nadal, con pasas e laranxa, que se consome só, mollado en leite, ou acompañado con café ou té.

Imagen Dulces Navidad 2020 6

  • Panettone chocolate

É unha sobremesa tradicional italiana de Nadal, con pebidas de chocolate, que se consome só, mollado en leite, ou acompañado con café ou té.

Outras recomendacións

Este Nadal, sorprende aos teus cociñando un delicioso Biscoito de orchata. Aquí tes a receita paso a paso.