Sigue as nosas indicacións para preparar unha exquisita receita de Plumcake de pataca doce e pistachos.

Receita de Plumcake de Pataca doce e pistachos

28 de febreiro de 2020

Presentámosche unha receita perfecta para as túas sobremesas, os teus almorzos e as túas merendas: Plumcake de pataca doce e pistachos, unha deliciosa combinación de sabores doces e exóticos que lle encantará a toda a familia e aos amigos.

No che levará moito tempo, é moi fácil de preparar e valerá a pena gozar do sabor exquisito deste biscoito feito na casa. Só tes que seguir as nosas indicacións.

Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Plumcake de pataca doce e pistachos

Ingredientes para 6 persoas:

  • 250 g de patacas doces
  • 4 ovos
  • 75 g de manteiga sen sal
  • 150 g fariña de espelta
  • 100 g de dátiles
  • 50 g pistachos
  • 1 sobre de lévedo
  • Sal
  • Canela
  • Mel
  • Froitas ao gusto: manga, papaia, plátano, kiwi

Paso a paso:

1. Picar os dátiles e os pistachos.

Texto 1 Imagen Plumcake de batata y pistachos

Texto 2 Imagen Plumcake de batata y pistachos

2. Pelar e relar a pataca doce.

Texto 3 Imagen Plumcake de batata y pistachos

3. Bater os ovos e engadir a manteiga diluída, un chisco de sal e outro chisco de canela.

Texto 4 Imagen Plumcake de batata y pistachos

Texto 5 Imagen Plumcake de batata y pistachos

4. Engadirlle á mestura os dátiles, pistachos e a pataca doce. Mesturar.

Texto 6 Imagen Plumcake de batata y pistachos

Texto 7 Imagen Plumcake de batata y pistachos

Texto 8 Imagen Plumcake de batata y pistachos

5. Barutar pouco a pouco a fariña e o lévedo. Mesturar uniformemente.

Texto 9 Imagen Plumcake de batata y pistachos

6. Verter a mestura nun molde con papel de forno e meter neste electrodoméstico, previamente quentado na posición arriba e abaixo a 180 ºC durante 40 minutos.

Texto 10 Imagen Plumcake de batata y pistachos

7. Sacar do forno, servir e botar un pouco mel por enriba do biscoito.

Texto 11 Imagen Plumcake de batata y pistachos

8. Poñer unha macedonia de froitas ao gusto: manga, papaia, plátano e kiwi cun toque de mel.

Texto 12 Imagen Plumcake de batata y pistachos

Outras recomendacións

Se che interesan as receitas fáciles para sobremesas, almorzos e merendas gustarache esta de Biscoito sen Glute recheo de crema de limón e froitas do bosque. Riquísima!