Queres preparar unha receita moi sinxela con ingredientes frescos e saborosos? É perfecta para servila como aperitivo, xantar ou parte dunha cea e sorprender aos teus invitados este Nadal.
A nosa receita de Pan con recheo de queixo combina a calidez do pan acabado de enfornar e o queixo derretido coa frescura dos vexetais e o xamón afumado. Un éxito asegurado!
Sigue o paso a paso da nosa Receita de Pan con recheo de queixo
Ingredientes
- 4 panciños redondos.
- Queixo mozzarella para fundir.
- Tomate.
- Cebola vermella.
- Perexil.
- Ourego.
- Eiruga.
- Xamón de ceba ibérico.
Paso a paso
1. Baleira os panciños e mételle o recheo de queixo, a cebola moi picada, tomate en cubiños e un pouco perexil picado.
2. Mete no forno a 180 ºC ata que o pan colla cor torrada.
3. Fóra do forno, coroa cuns liscos de xamón, follas de eiruga e ourego.
Consello do xefe de cociña: pódese combinar con calquera queixo, incluso facer un menú con diversos tipos.
Outras recomendacións
Preparas ti tamén a sobremesa? Mira que receitas tan deliciosas: Torta e Tiramisú de Cocolizze.
Coñeces as nosas Infusións e Tés?