Nestas festas, obsequia aos teus comensais cunha receita que mestura tres ingredientes básicos da nosa gastronomía, pero que resultan extraordinarios: ovos, xamón e patacas. É difícil encontrar a alguén a quen non lle guste esta combinación.
A pesar da súa aparente simplicidade, este prato é unha xoia culinaria que subirá o nivel das túas celebracións de Nadal. Cada bocado harmoniza sabores e texturas á perfección e deleitará aos teus invitados. Queres coñecer a receita?
Sigue o paso a paso da nosa Receita de Ovos escalfados con xamón ibérico e patacas panadeira
Ingredientes
- 4 ovos.
- 4 patacas medianas.
- 1 cebola doce.
- 3 dentes de allo.
- Herbas aromáticas: tomiño, romeu…
- 1 paquete de xamón ibérico.
- 1 vaso de viño branco.
- Sal en escamas.
- Pementa negra.
- 1 cullerada de aceite de oliva.
Paso a paso
1. Pela e corta as patacas en rodas duns 3 ou 4 mm de grosor. Pela a cebola doce en tiras finas e rompe os dentes de allo.
2. Introduce as patacas, a cebola e os allos nunha bandexa de forno. Salpementa e engade o aceite de oliva. Cubre todo con papel de aluminio. Mete no forno a 150 ºC unha hora.
3. Destapa a bandexa e engade o vaso de viño branco e as herbas aromáticas. Sube o forno a 180 ºC e enforna ata que douren as patacas: uns 15-20 minutos máis.
4. Corta un cadrado de papel filme e úntao con aceite de oliva, forra un cunco con el e rompe un ovo no seu interior, engade sal en escamas e pementa negra acabada de moer. Cerra dándolle voltas ata que quede como unha bolsiña.
5. En abundante auga fervendo, bota as bolsiñas cos ovos e coce uns tres minutos aproximadamente.
6. Monta un prato poñendo unha cama de patacas, liscos de xamón ibérico por enriba e o ovo escalfado. Engade pementa negra acabada de moer segundo vos guste.
Consello do xefe de cociña: antes da cocción, engade trufa ou herbas aromáticas no papel filme para darlle máis sabor.
Outras recomendacións
Se vas encargarte da sobremesa, suxerímosche esta receita de Biscoito sen glute con recheo de crema de limón e froitas do bosque.
Sigue a nosa Guía para a limpeza e organización da túa neveira e conxelador.