Este San Valentín sorprende a túa parella cunha Receita de minifollados salgados con forma de corazón. Ou mellor, que tal se a cociñades man a man?
Podedes pasar un momento moi especial e, logo, saborear xuntos esta variedade de minifollados. Se seguides o noso paso a paso, seguro que saen deliciosos. E a gozar do Día dos Namorados!
Sigue o paso a paso da nosa Receita de San Valentín
Ingredientes para 2 persoas
- 150 g de coliflor e brócoli conxelado
- 25 g de minitaquiños de xamón
- 80 ml de bechamel
- 170 g de gambas conxeladas
- 1 culleradiña de allo en anaquiños
- Dados de queixo
- Marmelada de tomate
- Noces
- 1 bandexa de fajitas
- 1 paquete de masa follada
- 1 ovo
- Sal
- Aceite de oliva virxe extra
- Pementa negra
Paso a paso:
1. Prepara 2 masas de follado, pícaas cun garfo e córtaas en dúas partes cada unha. Reserva.
2. Fai cada un dos recheos:
Follado de verduras e xamón
- Ferve en auga con sal o brócoli e a coliflor durante 5 minutos.
- Refoga nun pouco aceite os taquiños de xamón. Despois, engade a verdura e cociña todo 2 minutos. Engade a bechamel e integra todo.
- Nunha metade da masa coloca o recheo de verduras no extremo inferior e enrola facendo un rolo. Unha vez enrolado, corta en 6 partes. Repite a operación coa parte sobrante da masa.
Follado mixto
- Refoga nun pouco aceite as gambas ata que perdan toda a súa auga e reserva.
- Noutra tixola, cun pouco aceite, pon a fritir o allo. Antes de que colla cor, engade os champiñóns laminados. Deixa 2 minutos e engade de novo as gambas. Bótalle sal e pementa e mestura todo 1 minuto máis.
- Corta media masa facendo 8 cadradiños. Éncheos en forma diagonal co recheo mixto de gambas e champiñóns. Cerra xuntando as puntas de cada extremo.
Follado de fajitas
- Refoga o polo nun pouco aceite. A medio facer, engade o aderezo segundo o gusto.
- Engade as verduras e mestura todo.
- Noutra das metades de follado fai 8 cortes en forma de corazón, axúdate dun molde ou co coitelo. Enche o interior co preparado de fajitas.
Follado de queixo
- Fai outros 8 cortes en forma de corazón. En 4 deles, pon marmelada de tomate, dados de queixo e noces.
- Tapa cos outros 4 corazóns de follado e, coa axuda dun garfo pequeno, cerra os bordos.
3. Pinta todos os follados con ovo batido e introduce no forno, quentado previamente a 200 ºC, ata que estean dourados. Se algún queda pouco feito pola parte de abaixo, dálle a volta.
Para acompañar este entrante, deixámosche unha idea de cóctel moi fácil de preparar na casa.
Mojito de mandarina
- Pon media mandarina partida en catro anacos en cada un dos dous vasos.
- Por cada vaso, engade 10 g de azucre moreno e 5 follas de cecimbre. Mestura todo con axuda dun mazo.
- Engade 50 ml de ron negro.
- Engade xeo picado e o zume de 1 mandarina por cada vaso. Mestura con refresco lima limón.
Outras recomendacións
Buscas outras ideas para cociñar? Prepara o teu menú de San Valentín coa nosa sección de receitas.