Queres aprender a cociñar unha deliciosa Quiche de salmón?

Receita de Quiche de salmón

19 de febreiro de 2021

Traémosche unha receita lixeira e moi fácil de preparar, unha suculenta Quiche de salmón con gambas, cebola, ovos e espárragos.

Perfecta para integrala no teu plan de alimentación e gozar, á vez, do pracer de comer. Está riquísima!

Sigue o paso a paso da nosa Receita de Quiche de salmón

Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 masa crebada
  • 2 latas de salmón ao natural
  • 160 g de gambas conxeladas
  • 80 g de cebola
  • 80 g de espárragos verdes finos
  • 200 ml de nata para cociñar
  • 2 ovos campeiros
  • Sal
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva virxe

Paso a paso:

1. Forra un molde de 22-24 cm coa masa. Recorta o papel de forno sobrante.

2. Pica cun garfo toda a superficie para evitar a aparición de burbullas e mete a masa no forno quentado previamente a 200 ºC durante 5 minutos.

3. Nunha tixola cun pouco aceite, refoga a cebola picada e os espárragos cortados en anacos. Reserva.

4. Refoga as gambas nunha tixola cun pouco aceite ata que perdan a auga sobrante.

5. Bate os ovos nun recipiente. Engade a nata, o sal, a pementa, os espárragos coa cebola, as gambas e o salmón ao natural. Mestura.

6. Unha vez todo mesturado, verte no molde repartíndoo en toda a súa superficie de maneira homoxénea.

7. Métea no forno 20 minutos a 180 ºC, ata que estea lixeiramente torrada e sirve.

Outras recomendacións

Queres aprender a cociñar outras receitas con salmón ao natural?