Ocórreseche un prato máis refrescante? Propoñémosche esta sinxela receita de Sopa fría de Melón con cubos de Limón e Hortelá, ideal para este caloroso verán.
Un prato delicioso e moi fácil de preparar que podes elaborar cos melóns que atoparás na froitería de Mercadona. Desfrútao en familia ou sorprende aos teus amigos!
Sigue o vídeo da receita de Sopa fría de Melón con cubos de Limón e Hortelá:
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 melón de pel de sapo
- 5 rebandas de pan branco sen codia
- 50 g de minitaquiños de xamón
- Limón espremido en bote
- 1 ramo de hortelá
- Auga mineral
- Aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Pementa branca
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa desta deliciosa receita de Sopa fría de Melón con cubos de Limón e Hortelá. Que o desfrutedes!
1. En primeiro lugar, debemos preparar uns cubos coa mesma medida de limón espremido e de auga. Engadir hortelá cortada finamente e poñelos no conxelador.
2. Formar oito esferas de melón cunha culler para facer bólas e reservar.
3. Cortar o melón en tacos.
4. Turbinar nun vaso americano o melón en tacos coas rebandas de pan branco e unha cullerada sopeira de aceite.
5. Salgar, engadir un chisco de pementa branca e incorporar auga mineral ao gusto ata que alcance a textura desexada.
6. Servir acompañado por dous cubos por bol e bólas de melón.
7. Empoar cada bol cos taquiños de xamón que, previamente, quentaremos no microondas ou no forno co ventilador ata que estean crocantes. Decorar cunha folliña de hortelá.
Viches que fácil é preparar unha receita de Sopa fría de Melón con cubos de Limón e Hortelá? Só tes que seguir os pasos indicados e a desfrutar dun prato exquisito e ben fresquiño!
Outras recomendacións
Recomendámosche outra sopa fría ideal para os días calorosos: Sopa fría de Cogombro e Iogur grego.
E para rematar unha comida ben fresca, prepara esta receita de Xeado de Té Matcha.