Aprende a preparar na casa da maneira máis sinxela esta receita de Fideuá de Marisco elaborada co caldo para fideuá con rustrido que encontrarás en Mercadona. Encantaranche!
Sigue o vídeo paso a paso para elaborar a Receita de Fideuá de Marisco con caldo para Fideuá:
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 toro de emperador fresco
- 1 lura fresca
- Mexillóns
- 4 gambas vermellas arxentinas
- 400 g de fideo mediano
- 1 brik de Caldo para Fideuá con rustrido
- Aceite de oliva virxe
- Sal
- Alioli
Paso a paso:
Aquí tes todos os pasos necesarios para elaborar unha saborosa Fideuá de Marisco. Só tes que seguilos e sorprenderás os teus invitados polo seu delicioso sabor.
1. Botar unhas tres culleradas sopeiras de aceite na paella. Refogar os mexillóns e as gambas vermellas e reservar. Refogar a lume alto o emperador e a lura cortados en anacos ata que collan cor.
2. Engadir os 400 gramos de fideos.
3. Remover os fideos co emperador e coa lura.
4. Engadir, quentado previamente, o brik de Caldo para Fideuá. Manter o lume alto ata que ferva.
5. Incorporar os mexillóns
6. … e as gambas vermellas.
7. Manter co lume alto fervendo uns 10 minutos aproximadamente.
8. Cando non quede caldo estará terminado; deixar repousar sen lume uns dous ou tres minutos.
9. Servir no prato e acompañar con alioli se se desexa.
Outras recomendacións
Despois da Fideuá, no verán senta de marabilla un xeado. Ofrecémosche estas irresistibles combinacións para combater a calor: Xeados de Mercadona para elixir entre Mini Nocciola con dobre cobertura e Cono Mediano de Nata con Galletas ao Cacao.
Tamén che ofrecemos todas estas receitas, unhas cantas ideas que poden ser moi útiles para facilitarche a vida no verán e preparar os pratos máis refrescantes.