Apetéceche cociñar unha receita orixinal coma poucas? Presentámosche unha maneira moi saborosa de preparar a carne de coello que encontrarás na Carnicería de Mercadona.
Se che gusta combinar sabores, o chocolate vai ben incluso coas carnes, en especial co coello, e con outros pratos salgados. Aproveita as uvas, xa verás como lle dan ao guiso un toque moi especial.
Sigue o paso a paso desta exquisita receita e… Non esquezas mollar o pan na deliciosa salsa!
Sigue o vídeo paso a paso para elaborar a Receita de Coello ao chocolate con uvas:
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 coello (incluído o fígado)
- Uvas brancas
- 3 dentes de allo
- Aceite de oliva virxe extra
- 10-15 g de chocolate negro 85% cacao
- 1 pau de canela en rama
- 12-15 améndoas
- ½ vaso de viño tinto
- Sal
- Pementa negra
- Tomiño
- Perexil picado
- Loureiro
Para a gornición:
- Cebola tenra
- Pan de fogaza de centeo e espelta
- Refogado de cogomelos laminados
Paso a paso:
1. Poñer nun morteiro as améndoas peladas, a onza de chocolate negro e o fígado rustrido do coello, e machucalo todo ata que quede compacto.
2. Refogar o coello nunha tixola fonda con pouco aceite.
3. Salpementar.
4. Dourar a lume medio.
5. Engadir os allos pelados e en anaquiños; deixar cocendo un par de minutos.
6. Incorporar o medio vaso de viño tinto.
7. Reducir ata que se evapore o alcohol.
8. Engadir a folla de loureiro, unha chisca de tomiño, o pau de canela e o perexil picado.
9. Botar auga ata cubrir e cocer a lume medio durante uns 25 minutos aproximadamente.
10. Incorporar a mestura de améndoas, chocolate negro e fígado do coello e cocer a lume medio 5 minutos.
11. Agregar as uvas e cocer 5 minutos máis.
12. Presentar o prato acompañado de cogomelos refogados, cebola tenra á prancha e pan frito.
Mercadona súmase á campaña de fomento do consumo da carne de coello, iniciativa impulsada pola Organización Interprofesional para o impulso do sector cunícola (INTERCUN), cuxo obxectivo é dar a coñecer a todos os públicos este alimento. A carne de coello é un produto moi versátil dispoñible na Carnicería de Mercadona.
Outras recomendacións
Coñeces a Nova Carnicería de Mercadona? Incorpora un Punto de Acabado onde os clientes, sen custo adicional, poden solicitar o corte desexado.
Apetéceche máis unha receita de peixe? Proba a cociñar esta deliciosa Grellada de Peixe e Marisco.