Propoñémosche tres receitas con carne: filetes de tenreira, solombo de pavo ou filetes de raxo de porco.

Tres receitas de carne

27 de septembro de 2018

A carne é unha opción ideal para preparar saborosos pratos.

A continuación, ofrecémosche tres receitas paso a paso, cuxo ingrediente estrela é a carne, para que as incorpores ás túas comidas e ceas.

Antes de ver as receitas con detalle, aquí tes unha pouca información sobre cada un dos tres tipos de carne:

  • Filete de raxo de porco: Carne magra tenra e con sabor suave, é ideal para a prancha.
  • Filete de tenreira: Carne magra tenra e con sabor suave.
  • Solombo de pavo: O solombo é a parte máis tenra e zumarenta do pavo.

Receita de Milfollas de raxo, berenxena e cabaciñas con ensalada de rúcula e dados de tomate

gallego Milhojas de lomo

Sigue a nosa receita paso a paso:​

pasos mercadona milhojas lomo cerdo

  1. Cortar en rodas as cabaciñas e cociñalas á prancha.
  2. Cortar a berenxena en rodas e engadirlle un pouco sal, deixar repousar durante 10 minutos, limpar con auga e cociñalas á prancha ata que estean douradas.
  3. Salpementar os filetes de raxo.
  4. Cociñar os filetes de raxo á prancha.
  5. Colocar no prato poñendo unha roda de cabaciña, unha de berenxena e un filete de raxo. E de novo unha roda de cabaciña e unha de berenxena.
  6. Incorporar un segundo filete de raxo.
  7. Coroar o prato cunha pouca ensalada de tomate cortado en dados e rúcula. Aliñar cun pouco sal, limón e aceite.

Receita de Filete de tenreira recheo de espárragos e cogomelos con pementos asados e cebola tenra

gallego Receta filete de ternera

Sigue a nosa receita paso a paso:​

pasos mercadona filete ternera relleno

  1. Asar os pementos cun chorriño de aceite.
  2. Asar as cebolas cun pouquiño aceite.
  3. Unha vez asados, limpar os pementos e cortalos en cuartos ao igual que as cebolas, aliñar cun pouco sal e aceite de oliva extra virxe.
  4. Quitar a parte leñosa dos espárragos, limpar e picar un dente de allo, quentar un pouco aceite nunha tixola e engadir o allo. Cando empece a dourarse saltear os espárragos durante 5 minutos.
  5. Saltear os cogomelos durante 5 minutos.
  6. Reencher os filetes en cru cos cogomelos e cos espárragos, deixando as puntas dos espárragos por fóra do filete. Enrolar e salpementar a carne.
  7. Cociñar os filetes no forno a 180º entre 10 e 15 minutos segundo o punto desexado da carne.
  8. Poñer unha base de pementos e cebola nun prato e os rolos de carne por enriba. Engadir unha cullerada de aceite de oliva extra virxe.

Receita de Solombo de pavo á prancha con verduras picadas crocantes e aguacate

gallego Solomillo de Pavo

Sigue a nosa receita paso a paso:​

ficha mercadona solomillo pavo

  1. Macerar as peitugas de pavo cun pouco leite durante 1 hora para que queden máis zumarentas.
  2. Limpar e picar en cadrados pequenos as cenorias, a cebola tenra e o tomate canario.
  3. Salpementar o solombo de pavo, poñer 2 gotas de aceite nunha tixola e cando estea quente poñer a carne e tapala cunha tapadeira a lume medio; aos 10 minutos darlle a volta e volver tapar outros 10 minutos.
  4. Cortar o solombo de pavo en toros dun dedo de grosor.
  5. Colocar no prato poñendo os toros de solombo de pavo sobre o leito de verduras picadas e grans de millo.
  6. Engadir o aguacate en cuarteiróns, aliñar cun pouco sal, pementa, limón e aceite extra virxe. Esparexer un pouco ceboliño picado.

Outras recomendacións

Coñeces o noso servizo de Punto de Acabado? Descubre todos os detalles da Carnicería de Mercadona.

Se queres encontrar máis receitas que che axuden a preparar as túas comidas e ceas, pulsa no enlace para acceder a unha boa recompilación de saborosas receitas.