Sácalle todo o partido á túa cociña con esta receita de bacallau á rioxana que preparamos para ti.

Receita de bacallau á rioxana

28 de marzo de 2018

Unha das mellores formas de sacar proveito ao bacallau salgado é preparando esta tradicional receita de bacallau á rioxana. Os seus sinxelos e habituais ingredientes, así como o seu sabor, farán que non só sexa fácil de preparar, senón que lles guste aos teus comensais.

Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Bacallau á rioxana

Ingredientes para 4 persoas:

  • 4 lombos de bacallau desalgado.
  • 2 cebolas grandes.
  • 3 dentes de allo.
  • 1 rebanda de pan tostado.
  • 2 culleradas de tomate frito.
  • 5 pementos chouriceiros.
  • 425 ml de auga.
  • Fariña para fritos.
  • Sal.
  • Aceite de oliva.

Paso a paso:

Se che gusta seguir as receitas paso a paso, deixámosche a continuación a elaboración completa do bacallau á rioxana:

1. Poñer os pementos chouriceiros a remollo en auga durante unha hora, aproximadamente.

Paso 1 Imagen Receta bacalao a la riojana

2. Cortar a cebola á xuliana e o allo en finas láminas.

Paso 2 Imagen Receta bacalao a la riojana

3. Deixar escorrer os pementos, sacar toda a carne e reservar.

Paso 3 Imagen Receta bacalao a la riojana

4. Poñer aceite de oliva nunha cazola a lume medio e refogar nel as cebolas cortadas en anacos. Cando se poñan transparentes, botar os dentes de allo.

Paso 4 Imagen Receta bacalao a la riojana

5. Agregar a carne dos pementos.

Paso 5 Imagen Receta bacalao a la riojana

6. Botar o pan esmigallado. Agregar as dúas culleradas sopeiras de tomate frito. Darlle unhas voltas e engadir unha pouca auga e sal. Deixar cocer a salsa a lume lento durante uns 20 minutos.

Paso 6 Imagen Receta bacalao a la riojana

7. Mentres tanto, lavar e secar ben o bacallau.

Paso 7 Imagen Receta bacalao a la riojana

Paso 7-1 Imagen Receta bacalao a la riojana

8. Enfariñar os lombos de bacallau e, logo, marcar as talladas un minuto polos dous lados nunha tixola cun pouco aceite de oliva.

Paso 8 Imagen Receta bacalao a la riojana

Paso 8-1 Imagen Receta bacalao a la riojana

9. Pasar a salsa polo pasador de puré de forma que caia na cazola.

Paso 9 Imagen Receta bacalao a la riojana

10. Colocar os lombos de bacallau na cazola e deixar cocer entre 10 e 15 minutos dependendo do grosor do peixe. Ter coidado de que quede no seu punto e non cocelo demasiado.

Paso 10 Imagen Receta bacalao a la riojana

11. Rectificar de sal se é necesario e servir ben quente. Pódese decorar con pementos asados e cunha ramiña de ceboliño. E servir ben quente!

Paso 11 Imagen Receta bacalao a la riojana

Como desalgar o bacallau

Antes de preparar esta receita de bacallau á rioxana, debes desalgar o bacallau salgado que temos para ti en Mercadona.

Aprende a desalgalo con estes sinxelos pasos:

1. Cortar a peza segundo as racións que se vaian cociñar.

2. Lavar en auga fría para eliminar o sal da súa superficie.

3. Colocar nun recipiente, coa pel cara a arriba, e engadir tres partes de auga por cada unha de peixe.

4. Colocar o recipiente no frigorífico durante, polo menos, 48 horas, cambiando a auga unhas seis veces en todo o proceso.

5. Sacar da auga unhas catro horas antes de consumilo, para que estea o máis esponxoso posible. Secar cun trapo limpo se é preciso.

Outras recomendacións

Outra das nosas recomendacións é a publicación sobre Peixe de Mercadona onde explicamos a súa variedade, o seu prezo e a súa máxima frescura.