AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Platos Preparados Asados de Mercadona para Navidad

Pratos Preparados Asados de Mercadona para o Nadal

15 de decembro de 2016

Sabemos que o Nadal é unha data moi especial en que queremos aproveitar cada minuto ao carón dos nosos seres queridos. Por iso, en Mercadona axudámosche a arranxar pratos preparados asados de Nadal riquísimos, sen necesidade de investir longas horas nin de lixar a cociña.

De cara ao Nadal recomendámosche varios asados, para que prepares saborosas receitas e os teus convidados fiquen satisfeitos.

Polo Asado de Mercadona

O polo Asado de Mercadona é un prato moi saboroso, xa que leva o seu propio prebe, para que resulte suculento e teña todo o seu sabor.

É ideal para preparar en calquera momento ou lugar, xa que abonda con quentar e servir.

Como Preparar o Polo Asado

  • Microondas: Pódese quentar 12 minutos.
  • Forno: 20 minutos no forno a 180º.
  • Podes acompañalo de calquera gornición, como patacas panadeiras, vexetais asados, ou salada.

Polo Asado en Anacos de Mercadona

Tamén podes encontrar en Mercadona o Polo Asado en Anacos. Vén nunha bolsa que contén 4 envases individuais dunha ración: 2 cuartos dianteiros e 2 cuartos traseiros. Débese conservar no frigorífico entre 0 e 4 graos.

É un prato bo de preparar, rápido e moi cómodo, xa que non precisas consumilo dunha soa vez. Se non vas utilizar o polo enteiro, podes coller só o anaco que vaias consumir e gardar o resto para outro momento.

Ademais, non te queimas nin te manchas ao partilo! Porque o Polo Asado en Anacos de Mercadona xa vén partido en 4 anacos envasados individualmente, no seu propio prebe.

Como preparar o Polo Asado en Anacos:

Segundo vaiamos utilizar o forno ou o microondas para a súa preparación debemos seguir as seguintes instrucións:

  • Microondas: quentar durante 4 minutos á máxima potencia por peza (se colocamos as 4 pezas á vez dentro do microondas, quentaremos durante 12 minutos aproximadamente).
  • Forno: colocar as pezas que se vaian consumir nun recipiente apto para o forno e quentar aproximadamente durante 20 minutos a 180ºC.

Codillo de Porco Asado de Mercadona

Na nosa sección de Pratos Preparados refrixerados, tamén podes escoller o Codillo de Porco Asado, outra boa opción para servir na túa mesa este Nadal.

Ás veces non pensamos en cociñar un prato como o Codillo de Porco Asado en Nadal, porque require de certo tempo de elaboración e preferimos destinalo a gozar de familiares e amigos. Agora, Mercadona ofréceche este prato preparado, para que o cociñes rapidamente, con todo o seu sabor e a máxima comodidade.

Para gozar deste suculento prato de Codillo Asado coa túa familia, só precisas quentar e servir.

Como preparar o Codillo de Porco Asado:

Depende de se escolles microondas ou forno para a súa preparación, tes que seguir os seguintes pasos:

  • Microondas: durante 5 minutos á máxima potencia.
  • Forno: colocar as pezas que se vaian consumir nun recipiente apto para o forno e quentar aproximadamente durante 15 minutos a 180ºC.

Pódelo servir con calquera tipo de gornición con patacas fritidas, revolto de cogomelos, con chucrut e puré…

Pa de Año Asado de Mercadona

Outro prato que tamén che recomendamos para os días de Nadal, para que só te preocupes de gozar coa túa familia e non de cociñar durante horas, é a nosa Pa de Año Asado, unha receita de moito sabor, tamén clásica nestas datas.

É un prato moi doado de preparar, ideal para acompañar con calquera tipo de gornición: cebolas e patacas, cenorias, vexetais...

Como preparar a Pa de Año Asado:

  • prequentar o forno, sacar a pa do seu envase e colocar nun recipiente apto para o mesmo, quentar aproximadamente durante 15 minutos a 180ºC e despois engadir o prebe (incluído dentro do envase) e enfornar durante 5 minutos máis.

Outras Recomendacións

Para complementar estes pratos, recomendámosche o Vitelo Tonnato, auténtica e deliciosa receita italiana de finos liscos de tenreira, cun saboroso prebe de anchoas, atún e alcaparras. Ademais non contén glute!

Se vos apetece, elixe entre os viños, sidras e cavas de Mercadona para acompañar o apetitoso Asado.

E para rematar o xantar ou cea, nada máis tradicional e axeitado nestas datas que compartir cos teus os nosos Turróns Hacendado.