Descubre a calidade e comodidade das nosas Pizzas conxeladas.

Pizzas conxeladas, do conxelador á túa mesa

09 de xaneiro de 2024

Coñeces a nosa variedade de Pizzas conxeladas? Ter pizzas no conxelador é un excelente recurso para poder gozalas cando che apeteza ou resolver de forma rápida un xantar ou unha cea improvisada. En cuestión de minutos, sen manchar demasiado, podes ter na túa mesa unha pizza acabada de saír do forno, apetecible e lista para gozar.

Pero as Pizzas conxeladas non che ofrecen só comodidade, senón tamén unha rica experiencia gastronómica que garante sabor e calidade. As nosas pizzas conxeladas conservan a frescura e o sabor orixinal de cada ingrediente. Descubre tamén a súa versatilidade en sabores e estilos. Sigue lendo!

Pizzas conxeladas de masa fina

Pizzas congeladas de masa fina Mercadona

Prefires as pizzas de masa fina? Son opcións máis lixeiras e crocantes que permiten que o sabor dos ingredientes destaque con toda a súa intensidade. Dispós de catro sabores:

  • Xamón: de xamón e queixo (mozzarella e edam).
  • 4 queixos: de queixo mozzarella, edam, gorgonzola e emmental
  • Carbonara: de champiñóns e beicon.
  • BBQ: de tenreira, beicon e salsa barbacoa.

Pizzas conxeladas de masa con recheo

Pizzas congeladas de masa rellena Mercadona

Se che gustan as pizzas cun toque diferente, cunha masa máis grosa que esconde no seu interior un delicioso recheo de queixo, non perdas esta variedade gourmet, dispoñible en dous sabores:

  • Americana: de pulled pork, patacas, beicon, cebola e salsa BBQ, coa masa con recheo de queixo cheddar.
  • Pepperoni BBQ: de beicon, pepperoni e salsa BBQ, coa masa con recheo de salsa de queixo fresco.

Pizzas conxeladas tradicionais

Pizzas congeladas tradicionales Mercadona

A nosa selección de pizzas conxeladas tamén che ofrece as pizzas tradicionais de máis éxito cunha interesante variedade de sabores.

  • Atún: de atún e olivas verdes.
  • Boloñesa: de salsa boloñesa con tenreira e porco.
  • 4 queixos sen glute e sen lactosa: de mozzarella, grana padano, cheddar madurado e emmental.
  • Paquete de dúas pizzas de tomate e ourego, que podes preparar tal cal ou engadir complementos para darlles un sabor diferente.

Outras recomendacións

Os nosos Sándwichs refrixerados sérvenche para calquera momento: para o traballo, un refrixerio, improvisar unha cea lixeira, etc.

Proba as nosas Pizzas frescas, deliciosas!

Se te animas a cociñar, descubre a versatilidade da Piadina, o pan de estilo italiano que podes preparar de diferentes maneiras: como pizza, para encher ao teu gusto, para dipear...