Dentro da ampla gama de pizzas de Mercadona, presentámosche a variedade de Pizzas frescas, a nosa selección máis extensa en canto a tamaños, sabores e estilos diferentes. Á parte de proporcionarche unha saborosa experiencia, tes todas as opcións que queiras. É imposible aburrirte!
Explora todo o noso repertorio de Pizzas frescas e descubrirás que cada unha delas está riquísima, coidadosamente elaborada para satisfacer os diferentes gustos. Seguindo a tradición pizzeira de sempre, ofrecémosche ingredientes de calidade, frescura, variedade de sabores e texturas zumarentas e crocantes ao mesmo tempo. Queres coñecelas todas?
Pizzas elaboradas con Masa nai
Pizzas frescas elaboradas con masa de fermentación lenta, coa que se consegue unha masa tenra, con textura fina, crocante e de bordos esponxosos. Descubre todos os detalles das nosas Pizzas de masa nai de sabores diferentes:
- Formaggi
- Prosciutto
Pizzas tradicionais
As nosas Pizzas tradicionais son irresistibles. A súa versatilidade, diversidade de sabores e formatos para todos os gustos convértenas nas pizzas máis demandadas polos nosos clientes.
Formato bipaquete: ideal para os que queren un formato individual, práctico e de tamaño máis pequeno. Temos tres sabores diferentes:
- Atún e beicon
- Xamón e queixo
- 4 queixos.
Formato mediano: perfecto para compartir ou gozar individualmente, o formato favorito dos nosos clientes. Seleccionamos os sabores máis clásicos do mundo da pizza. Cal che gusta máis?
- Romana
- Xamón e queixo sen glute e sen lactosa
- Serrana
- Pepperoni
- Polo e beicon
- Atún e beicon
- Margarita
- Xamón e queixo
- Mediterránea
- 4 queixos
- Carbonara
- BBQ
Formato familiar: para que eses momentos especiais que compartimos con familia e amigos resulten redondos. Témolas en catro sabores diferentes:
- BBQ
- Xamón e queixo
- 4 queixos
- Carbonara
Outras recomendacións
Coñeces a nosa selección de Tortillas de pataca? Telas á túa disposición no nosos lineal de pratos preparados e en Listo para Comer.
Elixe entre as nosas diferentes opcións de Lasañas e canelóns. Quenta e sirve!