Presentámosche a nosa selección de xamóns curados e ibéricos.

Goza o sabor auténtico dos nosos Xamóns

14 de novembro de 2023

Visitaches a nosa sección de Chacinería? É o lugar especial da nosa tenda onde te esperan os xamóns e embutidos máis selectos, que che servimos ao instante en pezas enteiras, cortados a máquina ou en liscos.

Ademais, adaptámonos aos teus gustos máis concretos. Así preparamos os teus encargos de xamón de acordo coas túas preferencias, para que poidas gozar ao máximo deste imprescindible durante todo o ano.

En Mercadona podes encontrar unha ampla selección de xamóns da máis alta calidade: xamón curado, xamón ibérico, paletas... co sabor tradicional máis auténtico. Queres coñecelos?

Selección excepcional de jamones de Mercadona.

Descubre a selección excepcional de xamóns de Mercadona

Xamón curado

O noso xamón curado procede de porcos con cruzamento de raza Duroc e caracterízase por ser menos graxo que o ibérico, de sabor suave e pouco salgado.

Selección excepcional de jamones de Mercadona.

Bitola azul (etiqueta azul)

  • O Xamón curado peza tivo un proceso de curación dun mínimo de 14 meses.
  • O seu peso é de 7,6 kg aprox.

Paletas

Selección excepcional de jamones de Mercadona.

Paleta curada, bitola vermella (etiqueta vermella)

  • A Paleta curada peza tivo un proceso de curación dun mínimo de 9 meses.
  • Proceden de porcos con cruzamento de raza Duroc. Caracterízase por ser menos graxa que a ibérica, de sabor suave e pouco salgada.
  • O seu peso é de 4,60 kg aprox.

Paleta de ceba ibérica, bitola azul (etiqueta azul)

  • A Paleta de ceba ibérica peza tivo un proceso de curación de 12 meses.
  • Proceden de porcos con raza ibérica do 50 %. Caracterízase por ter máis cantidade de graxa, máis porcentaxe de touciño. Por iso, é máis zumarenta e cun sabor suave.
  • O seu peso é de 5 kg aprox.

Xamón ibérico

Tanto o xamón de ceba ibérico como o ibérico de landra caracterízanse por teren máis cantidade de graxa, máis porcentaxe de touciño. Por iso, é máis zumarento e cun sabor suave.

Selección excepcional de jamones de Mercadona.

Xamón de ceba ibérico

  • O Xamón de ceba ibérico peza tivo un proceso de curación mínima de 24 meses.
  • Proceden de porcos con raza ibérica do 50 %.
  • O seu peso é de 8 kg aprox.

Xamón ibérico de landra (50 %)

  • O Xamón de landra ibérico peza tivo un proceso de curación mínima de 24 meses.
  • Proceden de porcos con raza ibérica do 50 %.
  • O seu peso é de 8 kg aprox.

Xamón ibérico de landra (100 %)

  • O Xamón de landra ibérico peza tivo un proceso de curación mínimo de 24 meses.
  • Proceden de porcos con raza ibérica do 100 %.
  • O seu peso é de 8 kg aprox.

Corte de xamón co coitelo

Selección excepcional de jamones de Mercadona.

En todas as nosas tendas ofrecemos o servizo de corte co coitelo dos nosos xamóns, unha técnica artesanal que proporciona unha experiencia de degustación distinta ao xamón cortado con máquina e que achega outros matices. Preséntase envasado ao baleiro garantindo a máxima calidade do produto.

Outras recomendacións

Para combinar con esta selección de xamóns, elixe entre a nosa variedade de Queixos nacionais.

Mira as nosas suxestións para as túas Táboas de chacinería deste Nadal.

Bota unha ollada a estes deseños de decoración para a túa mesa de Nadal.