AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Elixe entre a nosa ampla variedade de Aperitivos de Nadal e sorprende os teus invitados

Para ir facendo boca, Aperitivos de Nadal

11 de decembro de 2019

Non hai mellor maneira de comezar unha comida ou cea de Nadal que cunha boa selección de aperitivos para ir abrindo o apetito, entrar en conversa co resto dos invitados e prepararnos para os pratos fortes. En moitas ocasións o éxito dunha reunión conséguese partindo dun bo aperitivo.

En Mercadona gústanos este costume tan noso e por iso nestas datas o coidamos ao máximo cunha ampla variedade de Aperitivos de Nadal.

Así, podes escoller os teus favoritos para darlles a benvida aos teus invitados. Que empece a reunión!

Que Aperitivos de Nadal podo encontrar en Mercadona?

Dende queixos, patés e xamóns, ata montadiños, tortaletas e diferentes viños, a selección de aperitivos que che ofrecemos para estas festas é tan extensa como deliciosa.

Aperitivos de Navidad que puedo encontrar en Mercadona.

Tosta de Paté fresco de trufa e arandos

Un paté elaborado con fígado e carne de porco, confeitura de arando e trufa negra. Exquisito!

Táboa de especialidades de queixo

Variedade de queixos presentados nunha cómoda bandexa lista para servir. Unha auténtica delicia!

Caprichos de queixo con marmelo

Queixo fresco elaborado con leite de vaca e cabra, tenros e cremoso e cun punto lixeiramente ácido en combinación co toque doce do marmelo. Próbao!

Bocadiños de queixo con marmelada de papaia

De novo o queixo en combinación con outros sabores doces, como o da marmelada de papaia. Encantarache!

Ruliño de queixo de cabra con mel e améndoas

O intenso sabor do queixo de cabra unido ao do mel e o toque inconfundible das améndoas, dan como resultado un aperitivo do máis tentador. Todo teu!

Ruliño de queixo con trufa

Queixo de cabra con sabor e aroma a trufa. De consistencia compacta e textura cremosa. Irresistible!

Xamón curado peza Incarlopsa

Un xamón curado reserva cunha curación mínima de 12 meses. Apetéceche, verdade?

Salchichón e chourizo cagueiro

Salchichón ibérico cagueiro e chourizo ibérico cagueiro, elaborados con carne de porco ibérico de cebo e embutido en tripa natural. Máis que saboroso!

Foie-gras enteiro de pato

Elaborado con fígado enteiro de pato. Sabor intenso e textura compacta. Todo un pracer para os teus sentidos!

Dátiles con beicon

Unha combinación deliciosa de produto cárnico (beicon) con froito seco (dátil). Ofrece un sabor doce con notas afumadas e unha textura tenra e zumarenta. Un aperitivo moi suculento!

Untapán de cangrejo con crujiletas y tartaletas de salmón.

Untapán de cangrexo con crujiletas

O untapán é unha pasta elaborada con paus de surimi e maionesa, ideal para elaborar sándwichs, canapés, tostas...

Pola súa banda as crujiletas están feitas cunha masa de textura fina e crocante de sabor neutro para encher con doce ou salgado. Anímaste a combinar as dúas cousas?

Tortaletas de salmón afumado con manteiga, alcaparras, ceboliñas e limón

Presentámosche unhas exquisitas lascas de salmón envasadas ao baleiro con sabor a peixe afumado lixeiramente salgado, de textura firme.

Para preparar este entrante necesitarás tamén unhas tortaletas con base crocante, de sabor doce, para encher con ingredientes como os que propón este aperitivo. Aos teus invitados encantaralles!

Compangos de solombo de porco con marmelada de pemento

Parece incrible que uns ingredientes tan distintos ofrezan unha mestura tan rica e cunha sensación tan rotunda no padal. Ponos na túa mesa!

Lambrusco rosado y Vino blanco Dulzze Verdejo

Lambrusco rosado

Fresco, afroitado con aromas de amorodo e framboesa. Con gas e equilibrado en acidez e en azucre. Goza deste viño de orixe italiana no aperitivo. Perfecto para acompañar con calquera destes entrantes!

Viño branco Dulzze Verdejo

Bebida orixinal escumosa con baixa graduación alcohólica. Aroma a froita, a pomelo e a froita da paixón. Ideal para o teu aperitivo!

Outras recomendacións

Vas resistirte aos nosos Doces de Nadal?