Mira as nosas propostas de pratos principais para os teus menús de Nadal.

Encárganos os teus pratos de Nadal!

25 de novembro de 2022

Que mellor maneira de celebrar o Día de Reis que coa nosa selección de pratos destas datas. Non esquezas ser o rei da mesa e sigue sorprendendo coa nosa mellor oferta.

Se xa realizaches o teu encargo, consulta o noso vídeo onde che explicamos o modo de preparación de cada prato.

Este Nadal poñémoscho moi fácil. Un ano máis, Listo para Comer cociña para ti. Propoñémosche unha coidada selección de pratos listos para quentar e servir, co sabor máis tradicional e, ademais, con toda a comodidade que necesitas. Consulta todos os detalles no noso folleto.

Encargos de Navidad Mercadona

Son días moi especiais, que apetece gozar xunto a familiares e amigos sen complicarte na cociña. Consulta os prazos para realizar encargos e as nosas propostas para o teu menú de Nadal!

Cando podes facer os teus encargos de Nadal?

  • Ata o 5 de Xaneiro.

Onde podes facer os teus encargos?

Consulta cales das nosas tendas teñen Listo para Comer e escolle a máis próxima.

Que pratos de Nadal podes encargar en Listo para Comer?

Canapés

O noso entrante característico por excelencia, para seguir sorprendendo este Nadal. Custarache decantarte por un!

Surtido de canapés Mercadona

A nosa selección de canapés inclúe:

  • Tortaleta con recheo de queixo con salmón e aneto.
  • Tortaleta con recheo de crema de sobrasada con mel e piñóns.
  • Tortaleta con recheo de queixo Stilton e crispy de manga.
  • Tortaleta co recheo de mestura de queixos con figos.
  • Tortaleta con recheo de crema de rosbif de tenreira con queixo.
  • Tortaleta con recheo de crema de foie-gras e mazá confeitada con ovo fiado.
  • Tortaleta con recheo de hummus.
  • Tortaleta con recheo de crema de queixo sabor trufa e labra de chacina.
  • Tortaleta con recheo de brandada de bacallau con paté de oliva negra.

- Para 3-4 persoas.

- Prezo: 15 €

Recomendación

Débense gardar no frigorífico e sacalas a temperatura ambiente unha hora antes do seu consumo.

Polo de curral con recheo

Sen dúbida, unha das especialidades máis típicas do Nadal. Zumarento e repleto de sabor.

Pollo de corral relleno Mercadona

Polo de curral desosado, con recheo de chalotas, trufa, foie-gras, ameixas, especias, brandy e touciño fresco. Con gornición de patacas panadeira e ceboliñas confeitadas.

- Para 4 persoas.

- Prezo: 40 €

Modo de preparación

Filetea o polo e introdúceo no forno coa bandexa para forno durante 15 minutos, a 180 º sen función grill.

½ Leitón asado

Esta popular receita é típica das festas de Nadal e a favorita dos nosos clientes. Por iso, incluímola na nosa selección de pratos de Nadal.

½ Cochinillo asado Mercadona

Acompáñase con patacas panadeira e ceboliñas confeitadas. Caracterízase pola súa pel crocante.

- Para 3-4 persoas.

- Prezo: 60 €.

Modo de preparación

Coloca a bandexa para forno do envase no forno, sen función grill, durante 25 minutos a 200 º.

Pa de año de leite

Outro clásico dos menús de Nadal que non pode faltar nas nosas suxestións.

Paletilla de cordero lechal Mercadona

Caracterízase por ter un sabor suave. Con pel dourada e crocante, mariñada con sal, romeu, tomiño e limón. Vai acompañada de patacas panadeira e ceboliñas confeitadas.

- Para 1-2 persoas.

- Prezo: 20 €.

Modo de preparación

Introduce a bandexa para forno no teu forno sen a función grill, durante 25 minutos, a 200 º.

Faceira guisada

Un guiso moi saboroso que cada vez se consome máis nestas festas como prato principal.

Carrillada guisada Mercadona

Con salsa de carne e viño tinto. Acompañada con gornición de patacas panadeira e ceboliñas confeitadas.

- Para 1-2 persoas.

- Prezo: 15 €

Modo de preparación

Introduce a bandexa no microondas e quenta durante 5 minutos, a máxima potencia.

Outras recomendacións

Para as túas sobremesas de Nadal e eses momentos especiais para compartir, sempre se agradece unha boa selección de doces.

E se te animas a preparar uns combinados, dámosche aquí 3 propostas de cócteles gourmet.