Descubre como conseguimos mellorar o noso Polbo cocido, elaborándoo da forma máis tradicional, para conseguir un produto máis tenro, co sabor, textura, cor e olor idóneos.
Para mellorar a súa calidade foi clave recorrer ás fontes orixinais, observar como o fan os polbeiros de toda a vida, aprender da súa experiencia no seu propio terreo... para ofrecervos a receita do Polbo cocido de sempre.
Unha receita tradicional de Polbo cocido, con auga, sal e sen aditivos
Para poder mellorar o noso polbo cocido, trasladámonos ao Carballiño - Ourense (o berce do Polbo cocido). Así foi posible estar cos polbeiros os días de Feira, e poder coñecer de primeira man a materia prima que utilizan, cal é o punto adecuado de cocción e a mellor técnica de elaboración.
Desta forma, puidemos entender mellor as vosas necesidades e puidemos darlles resposta, elaborando un Polbo cocido coa textura que demandabades, unha “mordida” tenra sen estar branda e os mellores atributos de sabor, cor, olor e tamaño do toro.
Con todo o aprendido seleccionamos o provedor adecuado, especialista en cefalópodo, para levar a cabo todo o proceso de elaboración da nosa receita: limpeza, cocción, corte en anacos e envasado do produto.
A receita é a tradicional dun polbeiro, con auga, sal e sen aditivos.
Todo iso para obter o mellor Polbo cocido co punto de cocción óptimo que esperabades. Listo para quentar e consumir!
Dous formatos de Polbo cocido
Ademais, vimos que existían distintas demandas cos mesmos atributos:
- Por un lado, unha de polbo enteiro, unha peza nun rango de 500 a 1 000 gramos.
- Por outra, as patas do Polbo cocido sen a cabeza, para un aperitivo no que non se necesita tanta cantidade (bandexa de 250 g aproximadamente).
Os dous formatos están procesados con altas presións para garantir a máxima frescura e a seguridade alimentaria. Ademais, son aptos para ser conxelados na casa (conservar entre 0 e 4 ºC.). Unha vez aberto, hai que consumilo en 24 horas.
Outras recomendacións
Descubre 7 deliciosas receitas con tomate natural: dobre concentrado, barutado ou para untar.