Presentámosche 7 deliciosas receitas con tomate natural dobre concentrado, barutado e para untar

Presentámosche 7 deliciosas receitas con tomate natural dobre concentrado, barutado e para untar

06 de maio de 2021

Coñeces todas as posibilidades do tomate natural de Mercadona? Utilízao para as túas salsas e rustridos, como gornición de carnes e peixes, como ingrediente para os teus guisos, para as bases das túas pizzas, para untar as túas torradas...existen multitude de usos.

Trátase dun dos produtos de alimentación máis socorridos en calquera fogar, sempre un excelente aliado na túa cociña. A continuación ofrecémosche unhas cantas ideas en forma de receitas para que o aproveites ao máximo.

Que tipo de tomate natural prefires?

Escolle o tipo de tomate natural que máis che guste, segundo a receita que vaias realizar. Presentámosche tres produtos distintos de tomate natural, con diversos usos á hora de cociñar:

  • Tomate dobre concentrado: adoita utilizarse como aderezo en rustridos e salsas, para potenciar tanto o sabor como a cor das comidas.
  • Tomate barutado: é un tomate natural previamente pelado e triturado e pasado despois por un baruto (o que lle achega unha textura máis densa). O seu uso está bastante estendido como alternativa natural ao tomate frito. Pode utilizarse como base de pizza, salsa para pasta ou de acompañamento. Listo para abrir e consumir.
  • Tomate para untar: tomate natural con aceite de oliva. Aínda que tamén se usa para cociñar, está pensado para aplicalo directamente no pan. Abrir e servir.

Sigue o paso a paso das nosas exquisitas receitas con tomate natural

Con tomate dobre concentrado

Fabas con ameixas

Imagen Texto 1 Tomate natural

Para 4 persoas

Ingredientes:

  • 2 botes de 570 g de fabas cocidas Granja.
  • 500 g de ameixas frescas.
  • 3 dentes de allo.
  • 300 ml de caldo de paella de marisco.
  • 200 ml de viño branco.
  • 100 ml de aceite de oliva virxe extra.
  • 1 cullerada sopeira de concentrado de tomate.
  • 1 cullerada de café de pemento doce.
  • Sal.
  • Pementa negra con muíño.

Paso a paso

1. Escorre as fabas e lava as ameixas.

2. Nunha tarteira co aceite suave, frite os dentes de allo laminados. Cando empecen a coller cor, engade as ameixas e espera a que abran.

3. Unha vez abertas, retíraas da tarteira e incorpora o viño branco.

4. Deixa que se evapore o alcohol durante 2 minutos e, a continuación, engade o concentrado de tomate, o caldo e as fabas. Bótalle sal e pementa e déixao ferver uns 5 minutos.

5. Pasado ese tempo, engade as ameixas e deixa outros 2 minutos.

Ratatouille

Imagen Texto 2 Tomate natural

Para 4 persoas

Ingredientes

  • 500 g de berenxena.
  • 400 g de cabaciña.
  • 500 g de tomate natural.
  • 1 cullerada sopeira de tomate concentrado.
  • Herbas aromáticas: ourego, tomiño, romeu…
  • 200 ml de aceite de oliva virxe extra.
  • Sal.
  • Pementa negra.

Paso a paso

1. Quenta o forno a 180º.

2. Con todo o aceite de oliva e o tomate concentrado, fai unha mestura ata conseguir un aceite de tomate. Reserva.

3. Corta a berenxena, a cabaciña e o tomate en toros sen quitarlles a pel. Deixa a berenxena durante uns 15 minutos en sal para que perda a acidez e abrande.

4. Coloca as verduras nunha fonte de forno, alternando unha de cada. Unha vez que a fonte estea completa, bótalle sal e pementa e rega co aceite de tomate sobre as verduras. Termina esparexendo co ourego, tomiño e romeu.

5. Coloca no forno con calor por arriba e por abaixo uns 20 minutos.

Con tomate barutado

Bloody mary sen alcohol

Imagen Texto 3 Tomate natural

Para 1 persoa

Ingredientes:

  • 200 g de tomate barutado.
  • Entre 50 e 100 ml de auga mineral segundo a densidade desexada.
  • Tabasco.
  • 1 ramiña de apio.
  • Limón.
  • Salsa Worcester.
  • Sal.
  • Pementa negra.

Paso a paso

1. Verte nun vaso o tomate barutado, arrefriado previamente, engade a auga, o sal, unhas gotiñas de tabasco, un chorriño de limón, pementa moída e unhas gotas de salsa Worcester.

2. Revolve cunha ramiña de apio, que tamén nos servirá para decorar. Tamén lle podes poñer xeo se che gusta máis frío.

Tomates recheos de salsa boloñesa barutada

Imagen Texto 4 Tomate natural

Para 7 tomates

Ingredientes:

  • 7 tomates naturais.
  • 250 g de carne picada (mesturada, de porco e tenreira).
  • 1 cenoria.
  • 1 rama de apio.
  • 1 cebola.
  • 250 g de tomate barutado.
  • 150 ml de aceite de oliva virxe extra.
  • Sal.
  • Pementa negra.

Paso a paso

1. Quenta o forno a 180º.

2. Corta á xuliana moi fina tanto a cebola como o apio e a cenoria, e pon todo a rustrir nunha tarteira co aceite a lume medio.

3. Cando as verduras estean feitas al dente, engade a carne, revolve todo, bota sal e pementa e deixa uns minutos que se faga o conxunto.

4. Unha vez feita a carne, engade o tomate barutado, mestura todo e deixa cocer un par de minutos máis. Reserva.

5. Corta a capa superior dos tomates a xeito de sombreiro e baléiraos con axuda dunha culler. Déixaos boca abaixo para que solten a auga. Antes de enchelos bótalles sal e pementa no interior e con axuda da culleriña éncheos.

6. Méteos no forno 20 min aproximadamente ou ata ver que os tomates están feitos.
Opcional, pódeselles poñer queixo para gratinar ou esparexer con queixo parmesano relado ao rematar.

Albóndegas en salsa de tomate

Imagen Texto 5 Tomate natural

24 unidades

Ingredientes:

  • 1 bandexa de albóndegas.
  • 150 g de fariña de trigo.
  • 150 g de cebola.
  • 2 bricks de tomate barutado.
  • 250 ml de aceite de oliva virxe extra.
  • Sal.
  • Azucre branco.

Paso a paso

1. Corta a cebola á xuliana fina e rústrea nun cazo cun pouco aceite a lume lento.

2. Cando estea feita engade o tomate, o sal e unha culleradiña de azucre. Deixa que se faga uns 10 minutos, sempre a lume moi suave.

3. Nunha tixola pon aceite a quentar e neste, frite lixeiramente as albóndegas pasadas previamente por fariña.

4. Coloca as albóndegas nunha tarteira e cando estean todas, engade o tomate xa feito. Deixa 10 minutos máis e listo.

Con tomate para untar

Coca de tomate, piñóns e pemento verde

Imagen Texto 6 Tomate natural

Para unas 6/8 persoas

Ingredientes:

  • Para a masa: 70 ml de auga, 50 ml de aceite de oliva virxe extra, 50 ml de cervexa, sal e 220 g de fariña de trigo.
  • Para o recheo: 50 ml de aceite de oliva virxe extra, 250 g de tomate para untar, 25 g de piñóns, 200 g de pemento verde.

Paso a paso

1. Quenta o forno a 180º.

2. Nun cunco pon a fariña, fai un oco e neste bota a auga, o aceite, o sal e a cervexa. Mestura todo cunha culler e, despois de que teñamos unha masa, pásaa á mesa.

3. Acaba de amasar (uns 10 minutos), botando de vez en cando unhas gotiñas de aceite para esponxala.

4. Estira a masa sobre a bandexa para o forno e deixar que se faga uns 12 minutos.

5. Corta os pementos en anacos pequenos e refógaos nunha tixola cun pouco aceite.

6. Pasados os 12 minutos da masa no forno, estende o tomate para untar sobre toda a masa, ao igual que o pemento e os piñóns.

7. Volve introducir no forno outros 10 minutos.

Tosta de pan con tomate de untar, mozzarella, sardiña afumada e eiruga

Imagen Texto 7 Tomate natural

Para 4 persoas

Ingredientes:

  • 4 rebandas de pan de trigo de espelta.
  • 1 queixo de mozzarella fresca.
  • 1 bandexa de sardiñas afumadas.
  • Eiruga.
  • Tomate para untar.

Paso a paso

1. Torra as rebandas de pan.

2. Estende o tomate para untar sobre todo o pan.

3. Sobre este coloca un ou dous liscos de mozzarella, unha sardiña afumada e unhas follas de eiruga.

Outras recomendacións

Aprende a preparar 4 deliciosas receitas con clara de ovo.