Queres ampliar a alimentación do teu bebé cos mellores produtos? A nosa gama de alimentación infantil en froitas variadas e lácteos ofréceche combinacións perfectas de sabores e nutrientes. Son ingredientes esenciais para a súa dieta equilibrada, que a complementan á perfección.
Descubre estas opcións prácticas e deliciosas, para tomar con ou sen culler. En tarriño ou en formato de peto. Produtos especialmente deseñados para adaptarnos ás necesidades alimenticias do tu bebé a partir dos 4 meses.
Introduce novos sabores na alimentación do teu pequeno ou pequena con esta variedade de froitas. Fai que o momento da comida sexa especial e coida o seu crecemento con estes produtos. Ao ataque!
Diferentes opcións para a dieta equilibrada do teu pequeno ou pequena
Para tomar con culler:
Froita variada en tarriño
Cada unha destas opcións inclúe 4 unidades de 130 g cada unha.
Froita e lácteo
A mestura perfecta para contribuír ao seu desenvolvemento.
- Froita e iogur, a partir dos 8 meses.
Froita
Opcións específicas para cada etapa do desenvolvemento do teu bebé.
- Froita variada a partir dos 4 meses.
- Compota de mazá a partir dos 6 meses.
- Plátano, mandarina e pera a partir dos 4 meses.
- Plátano, laranxa e galleta a partir dos 4 meses.
- Froitas e avea a partir dos 8 meses.
- Pera e mazá a partir dos 4 meses.
Modo de uso
Abre o tarriño, remóveo cunha culler e xa está listo para consumir directamente. A súa boca ancha proporciónache unha extraordinaria comodidade para administralo. Unha vez aberto, manteno en refrixeración e consúmeo nun máximo de 24 horas.
Para tomar sen culler:
Froita de peto
Un formato máis compacto e especialmente indicado para tomar fóra da casa, xa que é moi fácil de levar.
Froita e lácteo
Sobremesa láctea pasteurizada despois da fermentación. A partir dos 8 meses.
- Iogur con galleta.
- Iogur con amorodo e plátano.
- Iogur con pera.
Froita
Diferentes opcións segundo as etapas de desenvolvemento do teu bebé.
- Froita variada a partir dos 8 meses.
- Plátano e mazá a partir dos 6 meses.
- Amorodo e plátano a partir dos 8 meses.
- Coco e piña a partir dos 8 meses.
- Plátano, amorodos, arandos e avea a partir dos 8 meses.
- Melón e sandía (edición limitada á tempada de verán) a partir dos 6 meses.
- Plátano, laranxa e galleta a partir dos 6 meses. (pronto)
Modo de uso
Almacénao a temperatura ambiente. Axita antes de abrir ou consumir. Unha vez aberto, consérvao no frigorífico e consúmeo nun máximo de 48 horas.
Outras recomendacións
En Mercadona podes encontrar todo o que necesitas para o coidado do teu bebé: toalliñas perfumadas, cueiros, biberóns, pomadas, etc.
Dispoñemos de Protectores solares infantís en crema e spray para coidar e hidratar a pel do teu pequeno ou pequena.
Coñeces os Traxes de baño Desbotables Deliplus? Son a protección ideal para que o teu bebé goce do verán e da auga ao máximo.