Agora que o teu bebé comeza a gozar no mar ou na piscina, podes facer que vaia máis cómodo cos Bañadores Descartables Deliplus, a protección ideal para que goce do verán sen incomodidades.
Bañadores Descartables Deliplus: A opción máis cómoda para ti e para o teu bebé
Os bañadores descartables Deliplus están pensados para seren utilizados quer na praia quer na piscina. Serven para evitar as fugas de caquiñas dentro da auga.
Alén diso, estes cueiros descartables posúen un tecido suave e transpirable, moi confortables para a delicada pel do bebé. E, ao contrario que os cueiros tradicionais, non inchan na auga, polo que os cativos poden gozar e pasar un anaco agradable sen se sentiren incómodos.
Porén, estes cueiros descartables non serven para absorber os ouriños, polo que che aconsellamos empregalos unicamente durante o tempo de praia ou piscina e despois descartalos.
Para utilizares correctamente os Bañadores Descartables Deliplus, segue estes pasos:
- Ponlle o bañador descartable ao teu bebé antes de entrardes na auga.
- Cando remate o baño, para o descartares, racha o bañador polos laterais.
- Cómpre tirar o bañador descartable Deliplus ao lixo. Xamais ao inodoro.
Bañadores Descartables Deliplus dispoñibles en Mercadona
Encontrarás os Bañadores Descartables Deliplus en todos os establecementos Mercadona. Están dispoñibles en dous formatos:
- Bañadores Descartables Deliplus talla S (de 6 a 11 Kg.)
- Bañadores Descartables Deliplus talla M (de 9 a 16 Kg.)
Os Bañadores Descartables Deliplus son unisex, polo que son útiles para todos os bebés. Cada paquete contén 6 bañadores individuais, todos eles cun estilo propio do verán e divertidos deseños de animais que engaiolarán o teu bebé.
Ademais, as bolsas cos Bañadores Descartables Deliplus son moi prácticas de transportar. Posúen un sistema de doada apertura co que poderás abrir e pechar a bolsa cantas veces precisares.
Este verán, á auga patos cos Bañadores Descartables Deliplus!
Outras recomendacións
Para un esgotador día na praia ou na piscina, nada mellor para recuperar as forzas que as novas Papas de Cereais Naturbalance de Mercadona, alimento dispoñible en catro variedades que lle axudará ao teu bebé a medrar forte e san.