Día de la Madre.

Escolle o mellor regalo para o Día da Nai

22 de abril de 2022

Tes xa o teu regalo para o Día da Nai ou aínda non te decidiches?

Se necesitas un bo consello, regálalle un dos nosos Lotes de Perfumería, as mellores fragrancias e tratamentos corporais, sensacións e experiencias únicas coa que podes obsequiar a esa persoa tan especial na túa vida.

Pode ser un detalle perfecto. Seguro que encontras o perfume que máis vai cos gustos persoais da túa nai, bota unha ollada!

Lotes de Perfumería para o Día da Nai

Dispoñemos dunha ampla selección de Lotes de Perfumería para sorprender á mellor nai do mundo.

Lote Bálsamo Limpiador & Muselina.

Lote Bálsamo Limpador & Muselina

Utilízao noite e/ou día. Con axuda da espátula e quéntao entre os dedos.

  1. Aplícao sobre a pel seca no rostro, pescozo e escote realizando movementos circulares.
  2. A continuación, empapa a muselina en auga quente e escórrea.
  3. Colócaa premendo sobre o rostro e mantena así 5 segundos
  4. retira a muselina arrastrando a maquillaxe e a sucidade da pel.
  5. Enxauga a muselina con auga tíbia
  6. limpa de novo a pel realizando movementos circulares que facilitan unha suave exfoliación
  7. Para tonificar a pel aclara de novo a muselina con auga fría
  8. volve aplicala no rostro durante 5 segundos.

Para unha perfecta conservación da muselina, unha vez finalizada a limpeza, aconséllase lavala á man e secala ao aire, tamén se pode lavar na lavadora.

  • Bálsamo limpador.
  • Muselina.
  • Paleta aplicadora.

Lote Ikiru Her y Lote Soplo Musk.

Lote Ikiru Her

As fragrancias Ikiru achegan o punto de equilibrio e minimalismo.

Ikiru significa “vivir” en xaponés. Unha fragrancia zen, delicada e harmoniosa. A combinación dunha flor suave con froita sobre un fondo amadeirado e ambarado.

  • Fragrancia 100ml.
  • Mini 30ml.

Lote Soplo Musk

Fragrancia chypre floral sofisticada onde as madeiras nobres se funden cos almiscres brancos proporcionando unha sensación de segunda pel... non hai nada igual.

  • EDP 100ml.
  • Pano fular

Lote Elección y Lote The Rose.

Lote Elección

Esta fragrancia dun estilo atemporal e inconfundible componse na saída dun acorde Hespéride - Afroitado que lle achega modernidade e vibración. Un corazón “chic” combinación de exclusivas notas florais como a Peonia, o Muguet e a elegancia da Violeta , contrastan de maneira sorprendente coa orixinalidade da Pementa Rosa e dun acorde Ozónico. Un fondo cheo de personalidade e distinción a base de notas distinguidas e envolventes como o Pachulí e o Musgo compleméntanse co sensual e feminino toque da Vainilla e dos Almiscres Brancos.

  • EDP 100ml.
  • Bruma 150ml.
  • Colgadoiro de cerámica.

Lote The Rose

Perfume atemporal e eterno que se converterá nun novo imprescindible. As súas notas de saída son frescas e afroitadas como a framboesa e o amorodo. O seu corazón é a rosa centifolia como magnífica protagonista, e por último alberga un fondo de pachulí, musk e vainilla que pon o broche final a esta fermosa creación.

  • EPD 100ml.
  • Abano.

Lote Sugared Blossom y Lote Calm & Relax.

Lote Sugared Blossom

Colonia Floral de uso diario, recoméndase utilizar de día pola súa frescura. A loción corporal é ideal para hidratar a pel despois do baño ou da ducha deixando perfumada e hidratada a pel.

  • EPD 45ml.
  • Loción corporal 100ml.

Lote Calm & Relax

Colonia para uso diario, pódese aplicar no corpo directamente.

  • EPD 150 ml.
  • Candea perfumada 150g.

Outras recomendacións

Na nosa Perfumería podes encontrar moitos máis detalles especiais. E se che apetece cociñar e agasallar a túa nai cunha suculenta comida, visita a nosa sección de Receitas e inspírate.