As mellores ideas para compartir e regalar en San Valentín

Suxestións para compartir, regalar e acertar en San Valentín

03 de febreiro de 2023

Como vas celebrar San Valentín? Ao mellor preparas un xantar ou unha cea romántica e buscas acertar con sabores especiais para compartir. Dende logo é unha excelente idea. E, por suposto, non pode faltar o regalo adecuado, un detalle que saia do corazón para que a celebración sexa inesquecible.

Queres unhas suxestións para celebrar e compartir en San Valentín? Doces, viños, lotes de perfumería... Sigue lendo, non fallan!

Viños brancos e tintos ideais para acompañar a túa celebración de San Valentín

Vino blanco Abadía Mantrús y Vino tinto Mar de Uvas Merlot para San Valentín

Viño branco Abadía Mantrús

Se o voso menú é a base de arroz, carnes suaves, peixe ou pratos de cociña asiática, o viño branco Abadía Mantrús marida á perfección con estas opcións.

Destaca pola súa cor amarela palla e a súa alta intensidade aromática con toques a froita e frescos. Na boca ten personalidade, frescura e lixeira untuosidade. Carácter afroitado e mineral.

Recomendamos consumilo moi frío, entre 6º - 7º.

Viño tinto Mar de Uvas Merlot

Se vos decantades por unha táboa de queixos e friame, por unha pizza, un prato de pasta, carnes vermellas ou fondues de queixo, o viño tinto Mar de Uvas Merlot é o compañeiro ideal.

É un viño elaborado coa variedade de uva Merlot, redondo e aromático, de elegante e brillante cor granate. Complexo no nariz, onde predominan os tostados, a canela, os toques minerais e a froita madura. Entrada na boca doce e posgusto longo.

Recomendamos consumilo entre 16º-17º e en copa ancha para gozar mellor dos seus aromas.

Comparte unha sobremesa deliciosa este San Valentín

Postre delicioso este San Valentín: Tarta de corazón crujiente

Por aclamación popular, volve a deliciosa Torta de corazón crocante que tanto gustou o ano pasado. Con decoración efecto espello e con recheo de nata e crema de abelá crocante. Cun toque crunchy moi divertido e estimulante.

Outro capricho doce é o Corazón de chocolate con leite, este ano cun novo deseño de latexos de corazón, e sen glute!

Postre delicioso este San Valentín: Corazón de chocolate

Ideas de perfumería para regalarlle á persoa amada

Lotes fragancias perfumería de Mercadona para San Valentín

Lote Perfume Kiss me para ela

Un suxestivo lote cun estoxo en forma de labios. Componse de:

  • EDP 45 ml
  • Xel 100 ml

Entre as súas notas olfactivas destacan a bergamota, a mandarina e o xenxibre.

Lote Perfume Touring para el

Presentado cun atractivo deseño relacionado co motorismo. Componse de:

  • EDP 45 ml
  • Xel 100 ml

Notas olfactivas afroitadas e cítricas, entre outras.

Eau de Parfum

Ideas de perfumería para regalar en San Valentín

EDP Toujours para ela

  • 100 ml con notas olfactivas de abelá e peonia, entre outras.

EDP Toujours para el

  • 100 ml con notas olfactivas de mandarina, fiúncho e froitas.

Outras recomendacións

Se non tes claro que vas cociñar o día de San Valentín, na nosa sección de receitas podes encontrar un montón de boas ideas.

Se vas preparar unha Táboa de chacinería para San Valentín, ensinámosche como facela realmente atractiva.