Unha das opcións máis saborosas. Descubre todas as calidades das hamburguesas vexetais de Mercadona e verás como axiña te apaixonarás por elas.
Hamburguesas vexetais con berenxenas
Estas hamburguesas vexetais preséntanse en paquetes de dúas unidades, polo que son perfectas para compartires e para gozares en parella ou en familia.
Hamburguesas vexetais con sementes de cabaza e xirasol
Como as hamburguesas de berenxena, están elaboradas con fariña de soia reestruturada e rehidratada. Aquí as sementes de xirasol e as de cabaza son tamén protagonistas ao proporcionaren unha textura e unha consistencia especial.
Mini hamburguesas vexetais con chícharos e espinacas
Estas mini hamburguesas conteñen espinacas e chícharos. Adquírense en paquetes de catro unidades. Son ideais para compartires, para preparares petiscos e para acompañares con outros alimentos veganos.
Podes cociñar as hamburguesas vexetais de Mercadona de tres xeitos: asadas á grella, enfornadas e mesmo no microondas. Ao forno ou no microondas cómpre cociñar as hamburguesas a 180ºC en modo estático durante 6 minutos. De empregares a tixola, pódense cociñar nunha antiadherente previamente quentada durante 6 minutos a lume medio virando as hamburguesas a media cocción.
Outras recomendacións
Se che apetecer un petisco antes de xantar ou de cear o noso Falafel acompañado de prebe tahina é unha opción perfecta. E se precisares dun momento de acougo, o Té Matcha proporcionarache un sabor excelente, elaborado ao 100% coas follas de té.