Gústache a pizza? Pois espera a probar as novas Pizzas con masa reenchida de Queixo. Terrorificamente deliciosas!
Agora xa podes darlle un toque máis zumarento e divertido á túa cea de Halloween. Se cres que todas a pizzas son iguais, cambiarás de opinión cando probes as masas esponxosas reenchidas de queixo destas novas pizzas. Dispoñibles con tres recheos diferentes para cada tipo de pizza: Cheddar, Crema de Queixo e Gorgonzola.
3 novas Pizzas con masa reenchida de queixo
Elixe entre as seguintes pizzas a que máis che guste e, a gozar do seu incrible sabor!
- Pizza americana: Pizza con Pulled Pork, Queixo, salsa barbacoa sobre unha masa esponxosa reenchida de Queixo Cheddar.
- Pizza Estacione: Pizza con Champiñóns refogados, cebola vermella, xamón e queixo mozzarella, sobre unha masa esponxosa reenchida de crema de queixo fresco.
- Pizza 4 Queixos: Pizza con Queixo Mozarella, Cheddar e Queixo Curado, sobre unha masa esponxosa reenchida de Queixo Gorgonzola.
Modo de conservación e preparación
Estas pizzas deben conservarse sempre no conxelador. Trátase dun produto xa elaborado que ten unha vida útil de 9 meses.
Para preparalas basta con quentar previamente o forno a 200º, seleccionando a opción calor superior-inferior, retirar o envoltorio e colocar a pizza conxelada na reixa do forno a media altura. Enfornar durante 20-25 minutos aproximadamente e servir cortando en porcións. Conteñen de 2 a 3 racións cada unha.
Se queres sorprender os teus amigos e familiares na noite de Halloween, non o dubides: Novas Pizzas con masa reenchida de queixo de Mercadona.
Outras recomendacións
Para acabar a noite de Halloween, que mellor que darlle un toque doce á túa cea. Proba esta deliciosa receita de Biscoito de Cabaza, e non esquezas as Larpeiradas máis terroríficas para celebrar esta noite de medo.