Agora que o verán mostra o seu máximo esplendor, nada mellor que unha bebida refrescante coa que, de paso, poderás coidar a túa liña. A partir de agora xa podes encontrar no teu establecemento de Mercadona o novo Tinto de Verano Zero con Limón, cun suave e delicioso sabor, mais sen alcol e sen azucres, perfecto para calquera momento do día.
Tinto de Verano con Limón, 0% Alcol e 0% Azucres
O novo Tinto de Verano con Limón Zero debe o seu nome a que está elaborado sen incluír nada de alcol nin azucres. Grazas ao extracto de froitas e vexetais e aos aromas engadidos, consegue ofrecer un intenso sabor que mestura o viño e o limón, sen nos termos que preocupar da súa graduación nin de que lle afecte ao noso peso. Contén 0% graxas e 0% hidratos de carbono.
Grazas ás súas características, o Tinto de Verano con Limón Zero é ideal para gozares este verán cando quixeres, na piscina, nunha reunión na terraza con amigos, nunha divertida cea estival…
Ademais, é perfecto con calquera tipo de comida, como tamén para picares entre horas cuns petiscos ou froitos secos.
Como gozar do Tinto de Verano con Limón Zero de Mercadona
O Tinto de Verano con Limón Zero que encontrarás en Mercadona está elaborado pola compañía española JGC S.A., cuxa fábrica se encontra en Cidade Real, unha demostración máis da aposta que Mercadona realiza polos produtos fabricados por empresas españolas.
Encontrarás esta suxestiva bebida en prácticas botellas de plástico en tamaño de 2 litros e en tamaño individual en lata de 330 cc.
E é que o Tinto de Verano con Limón Zero de Mercadona é recomendable servilo moi frío, de xeito que asegúrate de o gardar no frigorífico o tempo que precises con previsión.
Non necesita ningún tipo de preparación, pode servirse directamente desde o frigorífico á mesa. No caso de non o terminares, podes gardar de novo a botella no frigorífico, mais cómpre consumilo nos 5 días seguintes, para seguires a gozar do seu sabor íntegro.
Alén diso, non contén glute, polo que é perfectamente válido para persoas celíacas.
Este verán, combate a calor co suave e refrescante sabor do Tinto de Verano Zero con Limón. Nada de alcol nin azucres, para acompañar en calquera momento do día.
Outras recomendacións
Tamén che recomendamos as novas bebidas frías con leite de Mercadona: Cacao, Matcha Latte e Mango Lassi, ideais para tomares en calquera momento e lugar.