O atún en conserva, en aceite de oliva ou natural, vai ben con todo. Suxerímosche unhas sinxelas receitas con este peixe azul.

Atún en conserva, vai con todo!

24 de xullo de 2020

A case todo o mundo lle gusta o Atún en conserva, ben sexa en aceite de oliva ou ao natural, porque combina con todo e porque o seu exquisito sabor témolo asociado a pratos e guisos da nosa gastronomía que nos encantan.

O consumo deste peixe azul goza de gran popularidade en todo o mundo, grazas aos seus diversos beneficios nutricionais e á ampla variedade de preparacións.

O atún, un alimento moi versátil

Que fai do Atún en conserva un dos alimentos preferidos polo gran público?

  • En primeiro lugar, hai que mencionar o seu agradable e intenso sabor e a súa textura inconfundible. Toda unha experiencia!
  • É un produto moi polivalente, que vai ben con todo o que se che ocorra: ensaladas, tostas, bocadillos, sándwichs, empanadas e outros pratos máis elaborados.
  • Ademais, é moi fácil de preparar e constitúe un perfecto “fondo de armario” para a nosa despensa. Sempre o temos aí para calquera urxencia. Basta con abrir a lata e facer nun momento un delicioso bocadillo de atún con olivas, ou mesmo consumilo directamente da lata...
  • Consómese en calquera momento, ben sexa no xantar, aperitivo ou cea. E en calquera situación: na casa, na oficina, de pícnic, na praia...
  • É un produto con baixo contido en graxa saturada e unha gran achega de Omega 3.
  • Por se todo isto fose pouco, é un produto económico, accesible para calquera peto.

Ideas de cociña fácil e rápida con atún en conserva

O mellor do atún é que nos permite múltiples preparacións. Suxerímosche estas tres e invitámosche a explorar máis posibilidades. O atún non se acaba nunca!

  • Tosta de atún con aguacate
    Sobre una rebanda de pan de avea montamos unha base de eiruga, aguacate a láminas, atún, cebola morada crúa e lima.

Texto 1 Imagen Atún en conserva

  • Ensalada de atún
    Montamos a ensalada cunha base de feixóns brancos, cortamos tomate, ovo cocido e olivas negras. Acompañámolo con cenoria relada e atún. Esparexemos por enriba ceboliño.

Texto 2 Imagen Atún en conserva

  • Tartar de atún
    Mesturamos todos os ingredientes: arroz cocido, tomate, atún e aguacate. Aderezámolo cun pouco zume de lima e dámoslle forma de timbal (podemos utilizar un molde). Decoramos con coandro.

Texto 3 Imagen Atún en conserva

Outras recomendacións

Se tamén che gusta o salmón, presta atención a estas 4 suxestións de receitas con Salmón ao natural.