Inclúes aguacate na túa dieta? É un alimento moi recomendable para a túa cesta equilibrada. O seu sabor suave, manteigoso e un pouco doce convérteo nun ingrediente perfecto para os teus pratos doces e salgados. Pero o máis característico do aguacate é a súa textura, a súa polpa suave e cremosa, que resulta idónea para untar e mesturar en salsas.
Por todo iso, é un ingrediente moi versátil para unha ampla variedade de pratos, desde guacamole ata ensaladas, sándwichs, torradas, almorzos, pratos principais e todo tipo de preparacións.
Pero o aguacate é moito máis que un simple manxar. Ademais, é unha fonte rica en graxas saudables, que contribúen a unha mellor absorción de nutrientes. Hai que destacar tamén a súa riqueza en vitaminas, minerais e fibra. A fibra é esencial para unha boa dixestión, axuda a manter a saciedade e regula o azucre no sangue.
Como che gusta máis o aguacate? Lembra que a mellor forma de aproveitar todas as súas propiedades é consumíndoo ao natural. Por iso, suxerímosche estas 4 deliciosas receitas.
Paso a paso para preparar 4 receitas con aguacate
Conos con crema de aguacate e salmón
Receita para 2 persoas (2 conos por persoa)
1. Desprega as 4 tortillas e fai un corte dende o centro ata un dos extremos. Enrola formando un cono e fixa cun escarvadentes.
2. Méteos no forno 10 minutos a 180 ºC, vixiando que quede firme e dourado, pero sen pasarse.
3. Pela e desosa 1 aguacate e machúcao coa axuda dun garfo ata formar unha crema. Salga e mestura co zume de 1 lima.
4. Enche os conos coa crema de aguacate e engade, a continuación, uns 100 g de taquiños de salmón afumado (o paquete enteiro).
5. Termina esparexendo un pouco ceboliño picado.
Sándwich de aguacate, polo e queixo
Receita para 2 persoas
1. Pica 2 cogombriños moi finos e mestura con 100 g de tiras de polo asadas e con 2 culleradas de queixo de untar suave.
2. Corta 1 aguacate en tiras finas que no perdan a forma.
3. Unta 2 rebandas de pan de molde 55 % centeo coa mestura do polo e coloca as tiras de aguacate por enriba, que cubran ben toda a superficie.
4. Cerra coas outras 2 rebandas, parte en triángulos e sirve.
Ensalada de brotes, aguacate, noces e framboesas
Receita para 2 persoas
1. Corta 1 aguacate en láminas.
2. Monta a ensalada cunha base de brotes tenros (uns 100 g), 1 cullerada de noces, framboesas segundo vos guste e o aguacate en láminas.
3. Prepara unha vinagreta con 3 culleradas de aceite, 1 de vinagre de mazá e unha pouquiña mostaza Dijon.
4. Adereza a ensalada e sirve para compartir.
Aguacates con recheo de tomates cereixa e mozzarella
Receita para 2 persoas
1. Parte 2 aguacates pola metade, retira o óso e marca por un lado na prancha, sen aceite, un ou dous minutos.
2. Nun recipiente, engade uns 6 tomates cereixa partidos pola metade, 6 perlas de mozzarella, 2 culleradas de aceite e 1 cullerada de crema balsámica de Módena.
3. Mestura o conxunto e sirve.
Outras recomendacións
Buscas un produto xa preparado no que o Aguacate sexa o protagonista absoluto? O noso Guacamole é a mellor opción, 95 % de aguacate fresco!
Se necesitas máis inspiración para as túas preparacións, aquí tes estes orixinais trucos con tortillas de trigo.
Descubre estas 3 suxestións para os teus almorzos equilibrados. Prefírelo tradicional, lixeiro ou alto en proteínas?