Coñeces o noso Tomate seco hidratado con aceite de oliva e especiado? É un produto habitual na cociña mediterránea, unha excelente alternativa ao tomate fresco, cun sabor moi característico.
Permite unha ampla versatilidade de consumo (salsas, ensaladas, gornicións, patés…) e uns excelentes resultados á hora de servilo á mesa. Ademais, é un produto apto para veganos.
Melloras de calidade
Melloramos a súa calidade para ofrecer un produto cunha mellor textura e máis apetecible. Ademais, incorporamos máis cantidade de aceite de oliva para achegarlle mellor sabor e olor.
Comproba as melloras no noso Tomate seco incorporándoo aos teus pratos para darlles máis sabor.
Paso a paso para elaborar as nosas receitas con tomate seco
Sobrasada vegana
- Nun batedor engade un bote enteiro do tomate seco (aceite incluído), unha culleradiña e media de pemento doce, ½ culleradiña de pemento picante, un toque de allo en po e 60 g de améndoa moída.
- Bate todo ata que quede ben mesturado e con textura uniforme.
- Unta para preparar diferentes aperitivos:
- Pan torrado 100 % espelta con sobrasada vegana e ceboliño picado.
- Pan torrado 100 % espelta con sobrasada vegana, queixo feta e mel.
- Minitortaletas de sobrasada con brotes de herba dos cóengos e olivas negras picadas.
Ensalada con Tomate seco
- Nun recipiente con profundidade, bota todos os ingredientes: herba do cóengos, eiruga, tomate seco enteiro, noces picadas, mazá en rodas e queixo feta.
- Adereza cunha vinagreta utilizando o aceite propio do tomate, mel e vinagre segundo che guste.
Pasta con salsa de Tomate seco
- Pon abundante auga a ferver. Cando ferva, engade unha cullerada sopeira de sal e 200 g de espaguetes. Coce a pasta durante 5 minutos. Reserva auga de cocción dos espaguetes.
- Lamina 1 ou 2 dentes de allos finamente e engade a unha tixola (co lume apagado) xunto a ½ chile picado moi fino. Engade 5 culleradas de aceite, acende a chama a baixa intensidade e espera a que os allos bailen.
- Cando tomen cor, engade 6 tomates secos cortados en tiras. Refoga un par de minutos e, a continuación, engade os espaguetes escorridos á tixola.
- Mestura os espaguetes co resto de ingredientes durante un minuto e engade un cullerón da auga de cocción que reservamos. Refoga uns minutos a lume medio ata obter unha textura cremosa.
- Refoga a mestura continuamente a lume medio buscando que o zume ligue cremoso na cantidade desexada e a pasta estea cocida ao noso gusto. Podes engadir máis auga da cocción da pasta se é necesario.
- Cando estean listos, engade 2 culleradas de perexil picado, remove e bota no prato.
- Coroa con parmesano ou co queixo que máis vos guste.
Outras recomendacións
Bota unha ollada a estas Receitas con tomate natural dobre concentrado, barutado e para untar.