Mercadona reduce o plástico dos envases das súas gomas de mascar.

Mercadona reduce o plástico nos seus botes de gomas de mascar

28 de febreiro de 2023
  • Con esta medida, que afecta a todos os botes de gomas de mascar, Mercadona reduce o plástico total de cada envase nun 15 %, o que se traduce en 30 toneladas menos de plástico ao ano.
  • Un novo movemento dentro da Estratexia 6.25 de Mercadona, cuxos obxectivos para o ano 2025 son tres: reducir o plástico dos envases nun 25 %, que todos os envases de plástico sexan reciclables e reciclar todo o residuo xerado nas súas instalacións.

Mercadona segue traballando no seu compromiso de xestión responsable de residuos, que supón, entre outros, reducir o uso de plástico e mellorar a sostibilidade dos envases de marca propia.

Dentro da Acción 3 da Estratexia 6.25, a compañía segue implicada na redución do plástico dos envases da súa marca propia.

Para contribuír a este obxectivo, Mercadona xunto co seu Provedor redeseñou os botes de gomas de mascar Hortelá, Menta, Amorodo e Menta Fresca 100 % Xilitol para reducir o seu tamaño.

Como resultado, agora utilízase menos plástico na súa fabricación, menos cartón e optimízase a loxística cun mellor aproveitamento do espazo.

A principal medida para conseguilo foi a diminución do diámetro do bote, co que se reduciu o aire que  había no seu interior e aprovéitase mellor o palé de transporte evitando ocos.

Ademais, o envase é agora 100 % reciclable.

Redución de plástico no bote

  • Reduciuse o plástico total do envase nun 15 %, o que supón 30 toneladas menos de plástico ao ano.
  • Mantense a mesma cantidade de gomas de mascar por bote que antes (70 unidades).

15% menos de plástico en Chic-kles

Reciclabilidade da etiqueta, envase 100 % reciclable

  • Substituíuse o adhesivo por outro do mesmo material que o bote, que desta maneira é reciclable na súa totalidade, e débese depositar no contedor amarelo.

Envase 100% reciclable en los Chic-kles de Mercadona

Optimización da loxística

  • Con esa diminución do diámetro do bote redúcese un 30 % o espazo necesario para transportar as mesmas unidades, co conseguinte beneficio medioambiental.

-30% de camiones en el transporte de los Chic-kles de Mercadona

Este movemento vai na liña doutros, xa realizados, como a aposta polas recargas en produtos de perfumería e cosmética, a incorporación de plástico reciclado nos envases das pizzas refrixeradas ou o desenvolvemento de bolsas reutilizables e sostibles.

A sostibilidade ambiental, liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona

O Plan de Responsabilidade Social de Mercadona aposta polo crecemento compartido e o compromiso coa sociedade, atendendo ao compoñente social e ético por medio de diferentes liñas sostibles de actuación. Neste sentido, destaca a súa colaboración con máis de 350 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal coas que colabora. En 2021, a compañía incrementou as súas doazóns a todas estas entidades e organizacións nun 21 %, situándoas nun total de 20.600 toneladas de alimentos.

Do mesmo xeito, Mercadona dispón dun Sistema de Xestión Ambiental propio, guiado polos principios da Economía Circular. Está dirixido á eficiencia enerxética, a xestión responsable de residuos, a produción sostible, a optimización loxística e a redución de plástico.

Dende o ano 2011, Mercadona é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais que atinxen aos Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.