Bolsas recicladas da caixa, do servizo a domicilio e de Mercadona Online

As bolsas recicladas de Mercadona, un exemplo de economía circular

17 de maio de 2022
  • O material reciclado co que se fan as bolsas de Mercadona provén das propias tendas e almacéns da empresa.
  • En 2021 o cadro de persoal da compañía, que realiza a separación do filme de plástico, recuperou 15.170 toneladas deste material, das cales 8.500 toneladas se reutilizaron para a fabricación das bolsas recicladas da caixa, do servizo a domicilio e de Mercadona Online.

A Estratexia 6.25 de Mercadona ten un triplo obxectivo para 2025: reducir un 25 % de plástico nos envases propios, conseguir que todos os envases de plástico sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico.

Para iso, a compañía desenvolveu diferentes estratexias como a reutilización e reincorporación de material reciclado para diminuír o uso de recursos naturais e fomentar a economía circular.

Un exemplo diso son as bolsas sostibles de Mercadona dispoñibles nas caixas, no servizo a domicilio e en Mercadona Online. Todas elas son bolsas, reutilizables e reciclables, que se fabrican a partir do filme plástico recuperado das tendas e almacéns da compañía.

O persoal das tendas e de loxística encárgase de recoller e separar este material e, coa axuda dos provedores Plasbel, Plascan e Eversia, recíclase para darlle unha segunda vida. Deste xeito, a compañía transforma estes residuos nun novo recurso que é aproveitado e reintroducido nos seus propios procesos, cerrando o circuíto de economía circular e alongando a súa vida útil.

Vídeo en español

En 2021, a compañía recuperou 15.170 toneladas de filme plástico, das cales 8.500 toneladas se utilizaron para a fabricación destas bolsas.

Compromiso de Mercadona para seguir coidando o planeta

Mercadona segue inmersa no desenvolvemento da Estratexia 6.25 para a redución de plástico e a xestión do seu residuo. Cun orzamento de 140 millóns de euros, a compañía impulsa a economía circular para reducir o seu impacto ambiental e xerar un efecto positivo no Medio Ambiente.

Texto 2 Imagen Tienda 6.25