Traballador de Mercadona na chacinería

Mercadona, recoñecida como a primeira empresa en Talento no sector distribución

07 de novembro de 2018
  • Mercadona é a empresa mellor valorada do sector da distribución xeneralista en España, e a sexta a nivel xeral, para atraer e reter talento segundo os máis de 34.000 enquisados polo Monitor Español de Reputación Corporativa (Merco).
  • As condicións laborais de Mercadona destacan por ofrecer emprego estable e de calidade.

Mercadona repite como a primeira empresa no sector da distribución xeneralista, e a sexta a nivel global, con maior capacidade para atraer e reter talento en España segundo a clasificación Merco Talento do Monitor Español de Reputación Corporativa (Merco). Ademais, respecto a 2017, a compañía mantén ambas as dúas posicións, recoñecendo así o atractivo que ten a empresa para traballar nela.

O monitor Merco é un dos principais monitores empresariais de reputación corporativa de referencia en España e Latinoamérica. Dende 2006 Merco Talento encóntrase entre as súas clasificacións, e céntrase na clasificación das 100 empresas máis atractivas para traballar en España mediante a avaliación da xestión das persoas e o estudo das diferentes dimensións reputacionais que teñen que ver co talento, tendo en conta a percepción de todos os colectivos sobre a capacidade das empresas á hora de captar e reter o talento.

Este ano, Merco Talento contou coa opinión de 18.415 traballadores, 8.091 cidadáns, 6.199 universitarios do último curso, 1.206 alumnos de escolas de negocio e 160 responsables e expertos en distintos ámbitos dos recursos humanos, ata sumar un total de 34.141 avaliacións. Estes públicos avalían as empresas respecto a tres valores claves que inciden e determinan o atractivo laboral destas: a Calidade Laboral; a Marca Empregador e a Reputación Interna.

A metodoloxía e os resultados de Merco Talento están sometidos a un proceso de revisión independente por parte de KPMG de acordo coa norma ISAE 3000.

Os traballadores de Mercadona son un dos compoñentes esenciais para a compañía e, por iso, Mercadona dispón dun modelo de Recursos Humanos que ofrece un traballo estable e de calidade, salarios por enriba da media do sector, formación e a posibilidade de ascender internamente.

As condicións dos traballadores de Mercadona tamén foron recoñecidas pola Organización Internacional do Traballo (OIT) en canto a emprego estable e de calidade.