Doazón de alimentos de Mercadona

Mercadona entrégalle 4.700 quilos de produtos ao Banco de Alimentos de Cádiz

08 de novembro de 2018
  • Mercadona reforza así o convenio que mantén coa entidade dende 2013.
  • A cadea de supermercados participará un ano máis a través dos seus centros na Gran Recollida a finais de novembro.

A compañía de supermercados Mercadona, no marco do convenio de colaboración subscrito co Banco de Alimentos de Cádiz, fixo entrega de 4.709 quilos de produtos de primeira necesidade para distribuílos entre as persoas máis necesitadas a través das distintas entidades benéficas que colaboran co Banco de Alimentos.

Mercadona colabora, ademais, na organización das Operacións Quilo que o Banco de Alimentos leva a cabo nos seus supermercados ao longo do ano e na Gran Recollida que terá lugar os próximos 30 de novembro e 1 de decembro.

A presidenta do Banco de Alimentos de Cádiz, Salud González, mostrou o seu agradecemento a Mercadona: "Accións coma estas anímannos a seguir traballando en ben das causas sociais e construír unha sociedade máis xusta. As súas doazóns alimentarias así como o convenio de colaboración subscrito entre ambas as dúas entidades en Operacións Quilo e na Gran recollida axúdannos a seguir realizando o noso labor".

Por outro lado, hai que destacar que a compañía segue desenvolvendo o seu plan de acción social por medio do apoio a diversas institucións e entidades sociais na provincia gaditana, onde xa colabora con cinco comedores sociais, con entregas diarias de produtos de primeira necesidade dende os seus centros: Virgen Poderosa, en Cádiz capital; Padre Cruceyra, de Algeciras; e tres comedores cos que comezou a colaborar recentemente: Amigas al Sur, en Cádiz capital; Nuevo Ciclo, en Jerez de la Frontera e Nuevo Hogar Betania en La Línea de la Concepción.

As doazóns realízanse diariamente mediante os recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que levan a cada un dos comedores sociais os produtos e os entregan nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios preparen as comidas.

Mercadona na provincia de Cádiz

Mercadona conta con 50 supermercados na provincia gaditana e un cadro de persoal de 2.480 persoas con emprego estable e de calidade, tras a creación de 105 empregos fixos en 2017. O investimento da compañía na súa rede de tendas en Cádiz alcanzou os 23 millóns de euros o pasado ano e as compras a provedores ascenderon a 262 millóns de euros.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é contribuír ao seu desenvolvemento e progreso de forma sostible. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos interprovedores a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.