Rolda de Prensa de Mercadona 2017

Mercadona incrementa a súa facturación un 6%, ata os 22.915 millóns, e crea 5.000 novos empregos fixos

13 de marzo de 2018

Cun investimento récord de 1.008 millóns de euros en 2017 e unha previsión de investir 1.500 millóns en 2018, só con recursos propios.

  • A aposta por un novo Modelo de Tenda Eficiente e pola calidade dos seus produtos frescos, co proxecto Frescos Global, á vez que dispoñer dunha oferta cada vez máis adaptada ás necesidades do "Xefe", unha Oferta Eficaz, elevaron a súa facturación en superficie constante tamén nun 6%, tras incrementar máis de 75 tíckets/tenda/día.
  • Creou 5.000 novos postos de traballo estable e de calidade en 2017, 15 ao día, o que eleva o seu cadro de persoal ata as 84.000 persoas con contrato fixo.
  • En 2017 o beneficio neto foi de 322 millóns de euros, un 49% menos que en 2016, acorde coa decisión tomada polos accionistas de centrar os seus esforzos no longo prazo e apostar polo investimento para transformar Mercadona.
  • Un ano máis, a repartición do beneficio total seguiu mantendo o principio de que o crecemento compartido sabe mellor. Mercadona distribuíu o beneficio total da seguinte forma: 205 millóns á Sociedade en concepto de impostos e 313 millóns entre os seus traballadores en concepto de prima por obxectivos. E dos 322 M€ do beneficio neto, 202 millóns reinvestíronse na empresa como recursos propios, mentres o resto se repartiu entre os accionistas vía dividendos.

Mercadona incrementou en 2017 a súa facturación un 6%, ata os 22.915 millóns de euros, e experimentou un crecemento das súas vendas en volume do 5%, ata os 11.586 millóns de quilos e litros (quilitros). En crecemento a superficie constante ambos indicadores  experimentaron a mesma evolución (+6% en facturación e +5% en volume). Ambas cifras reflicten que a estratexia de transformación iniciada pola compañía hai un ano vai polo camiño trazado como tamén pon de manifesto o incremento de máis de 75 tíckets/tenda/día de media en 2017.

Para impulsar a estratexia implantada en 2017 de realizar o investimento necesario para transformar a empresa, a compañía abordou distintos movementos ao longo do ano. En innovación en tendas destaca a implantación en 157 supermercados do Novo Modelo de Tenda Eficiente, que contribúe a optimizar o acto de compra dos clientes, e o esforzo realizado para ser más tendeiros e especialistas por medio do Proxecto de Frescos Global, xa implantado en case 200 tendas. Para iso, a compañía está introducindo importantes melloras nas seccións de frescos, que agora dispoñen de carnicerías cunha mellor calidade de produto e nas que os clientes poden personalizar os cortes da carne no punto de acabado, unha sección de xamón renovada que ofrece corte con coitelo e envasado ao baleiro do produto, peixerías con mellor servizo e oferta local grazas ao proxecto de peixe de lonxa e a nova oferta de sushi, ou unha nova sección de forno con produtos máis frescos e adaptados ás necesidades dos clientes, entre outras iniciativas.

Paralelamente, en 2017 Mercadona continuou impulsando o seu modelo de Oferta Eficaz para ser cada vez máis Totaler, construído co "Xefe" e para o "Xefe". Para iso, e grazas ao traballo realizado nos seus 16 Centros de Coinnovación, así como ao esforzo dos interprovedores e provedores especialistas, seguiu adaptando a oferta a través da innovación e da mellora constante, o que lle permitiu introducir máis de 300 novos produtos e melloras nos seus lineais.

O presidente de Mercadona, Juan Roig, manifestou que 2017 foi un punto de inflexión para todos os que forman Mercadona. “Estamos traballando no longo prazo e comprometidos na consolidación dun proxecto de transformación disruptivo que pon no centro o esforzo das persoas. Logralo require convencemento e o gran mérito está e teno o esforzo das 84.000 persoas de Mercadona e dos provedores especialistas para garantir todos os días a satisfacción do "Xefe", os nosos clientes. Eles son a razón destes excelentes resultados”.

Comprometidos co investimento necesario para transformar Mercadona

Para lograr esta transformación estratéxica de forma sostible, a compañía, con cargo aos seus recursos propios, investiu a cifra de 1.008 millóns de euros, un 47% máis que en 2016. Este esforzo investidor permitiu abrir 29 novos supermercados, o que fixo crecer a súa rede ata os 1.627, e reformar outros 126, todos co Novo Modelo de Tenda Eficiente. Ademais, o investimento tamén se destinou a impulsar todas as seccións de frescos, e á apertura de dous novos Centros de Coinnovación, en Paterna (Valencia) e na localidade portuguesa de Matosinhos (Porto). A iso súmanse os proxectos realizados para automatizar os bloques loxísticos e eliminar sobreesforzos dos traballadores, as obras do Bloque Loxístico de Abrera (Barcelona), as do Bloque Loxístico de Vitoria-Gasteiz (Araba/Álava), ou o inicio da construción do Bloque Loxístico de Parc Sagunt na localidade valenciana de Sagunt e do Centro de Proceso de Datos en Villadangos del Páramo (León).

En canto aos avances na súa transformación dixital, Mercadona asinou co líder do mercado en software de aplicacións de negocio, SAP, un acordo durante 5 anos co obxectivo disruptivo de transformar e mellorar os procesos da compañía. Dentro destes avances tecnolóxicos encóntrase tamén o desenvolvemento do proxecto de Mercadona en liña, cuxa fase de inicio en laboratorio nalgúns distritos da cidade de Valencia está prevista para o segundo semestre de 2018 e implica tanto a construción dunha nova web en liña e aplicación móbil, como a dun almacén propio (Colmena) para a repartición na cidade de Valencia, con vehículos específicos de tres temperaturas especialmente deseñados para Mercadona. É un proxecto para "probar e aprender", convencidos do potencial que ten para satisfacer moi ben  o "Xefe" en liña e o Capital (facelo rendible).

Internacionalización

O proxecto de Mercadona en Portugal seguiu avanzando e foi outro dos capítulos investidores destacables. Ademais da apertura do Centro de Coinnvoación de Matosinhos, anunciouse a construción do Bloque Loxístico da Póvoa de Varzim (Porto) que se abrirá conxuntamente cos catro supermercados que Mercadona ten previsto inaugurar no Grande Porto durante 2019; algún deles xa iniciou as súas obras.

E no apartado de creación de emprego, destaca a contratación de máis de 120 directivos e o inicio da selección dos equipos para as catro primeiras tendas.

Un firme compromiso co emprego estable e de calidade: 5.000 novos postos de traballo

Dentro do seu compromiso co emprego estable e de calidade, Mercadona creou 5.000 novos postos de traballo en 2017, o que supuxo cerrar o exercicio cun cadro de persoal de 84.000 persoas (o 64% mulleres). As novas incorporacións, unha media de 15 ao día, teñen un salario mínimo neto de entrada de 1.132 euros ao mes e, como calquera das persoas que xa traballan en Mercadona, dispoñen das mesmas políticas de conciliación familiar e laboral da compañía, así como das súas mesmas oportunidades de formación e promoción. Actualmente, o 47% dos postos directivos son ocupados por mulleres. Neste sentido, o esforzo que a compañía realiza ano tras ano en formación, ascendeu en 2017 a 65 millóns de euros e deste beneficiáronse 40.560 empregados.

Compartir o beneficio: un modelo de Responsabilidade Social

Mercadona, un ano máis, reafirmouse no seu principio de que "O éxito, se é compartido, sabe mellor". Do seu beneficio total xerado, un 35% repartiuse co cadro de persoal, en total 313 millóns de euros en concepto de prima por obxectivos; un 25% das ganancias, 205 millóns, reverteu na Sociedade en concepto de impostos; un 25%, sobre 202 millóns, reinvestíronse na empresa como recursos propios; e o 15% restante repartiuse entre os accionistas vía dividendos.

Froito deste compromiso co crecemento compartido, e de acordo coa metodoloxía actualizada polo Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), a achega global de Mercadona á creación de riqueza en España representa o 3% do emprego total do país (545.000 postos de traballo), o 1,7% do PIB (19.500 millóns de euros) e un volume de compras no mercado nacional de 17.533 millóns de euros que representa o 85% do total das compras realizadas pola compañía.

Novo investimento récord de máis de 1.500 millóns en 2018

En 2018 Mercadona volverá realizar novamente un investimento histórico de máis de 1.500 millóns de euros, destinado á apertura de 27 supermercados, entre os que se encontrarán as novas aperturas en Ceuta, en Melilla e en La Palma, e a reforma de máis de 200 supermercados co Novo Modelo de Tenda Eficiente. Así como a continuar coa implantación do Proxecto de Frescos Global que está previsto que se implante noutras 200 tendas máis durante este ano.

Paralelamente, a compañía continuará a construción dos bloques loxísticos de Vitoria-Gasteiz (Araba/Álava) e de Abrera (Barcelona), do novo almacén en liña en Valencia e do Centro de Proceso de Datos en Villadangos del Páramos (León) así como o inicio das obras no Bloque Loxístico de Parc Sagunt na localidade valenciana de Sagunt. A todo isto sumarase o avance do proxecto de Mercadona en Portugal, coa construción do Bloque Loxístico da Póvoa de Varzim (Porto) e as obras dos catro supermercados que se abrirán no Grande Porto durante 2019, así como o desenvolvemento do proxecto de transformación dixital con SAP e o inicio do proxecto en liña.

Este investimento sostible realizarase cos recursos propios da compañía e está motivado pola decisión xa manifestada polos accionistas o pasado ano de basear as decisións de Mercadona no longo prazo porque, segundo manifestou Juan Roig "se pos o foco no beneficio a curto prazo é difícil tomar decisións, e agora o noso firme compromiso é investir para transformar a compañía, de feito está previsto e aprobado un investimento superior a 8.500 millóns de euros entre 2018 e 2023, con recursos propios. Para seguir construíndo un modelo de empresa diferente e responsable socialmente, da que a xente se sente orgullosa de que exista. Ese é o camiño polo que todos os que formamos o Proxecto Mercadona decidimos avanzar, un camiño que, á vista dos resultados obtidos en 2017, está ben trazado".

Mercadona: algúns feitos relevantes en 2017

 

Juan Roig Presidente de Mercadona Rueda de Prensa 2017Juan Roig durante a rolda de prensa de Mercadona 2017.

 

Memoria Anual 2017

Descargar