Ampliación de equipo para a campaña do verán 2023 en Mercadona

Mercadona busca persoal para a campaña do verán

04 de maio de 2023
  • O salario inicial é de 1.507 euros ao mes/brutos e reciben formación adaptada ao seu posto.
  • A compañía amplía o cadro de persoal de maio a setembro para responder á chegada de turistas e manter a excelencia no servizo.

Mercadona busca persoal para a campaña do verán de 2023, que será dende o mes de maio ata finais de setembro. O obxectivo é reforzar o cadro de persoal durante este período para garantir a excelencia do servizo nas tendas e nos bloques loxísticos, época que coincide coa chegada de turistas e coas vacacións do resto do persoal.

As novas ofertas de emprego están dispoñibles no portal de emprego de Mercadona, onde se describen as condicións do posto, como a retribución inicial de 1.507 euros ao mes brutos, ou ben, que non se require experiencia previa, xa que todos reciben formación específica adaptada a cada posición. Así mesmo, a compañía explica que as novas incorporacións pasarán a formar parte dun equipo caracterizado por traballar en equipo, con vocación de servizo ao cliente e capacidade de mellora constante. 

Condicións laborais de Mercadona

Ademais da retribución e formación anteriormente mencionadas, o modelo de xestión de Recursos Humanos de Mercadona distínguese principalmente por:

  • Xornada completa ou parcial.
  • Emprego estable e de calidade. O cadro de persoal de Mercadona dispón de contratos fixos e salarios que superan a media do sector.
  • Política retributiva de incrementos salariais. A política retributiva de Mercadona baséase en incrementos salariais en cada paso de tramo (ano de antigüidade) de cada traballadora/traballador. Por outro lado, a compañía comparte unha parte do beneficio anual co cadro de persoal que alcanza os obxectivos específicos anuais, previamente marcados.
  • Igualdade e equidade. O modelo de xestión de recursos humanos de Mercadona fomenta a igualdade e a diversidade a través da equidade en todos os ámbitos e a todos os efectos, rexeitando calquera tipo de discriminación por razón de sexo, orientación sexual, discapacidade, idade, nacionalidade ou doutra índole. 
  • Oportunidade de promoción interna. Unha das principais pancas de crecemento da compañía é o investimento nas persoas. Por iso, Mercadona aposta polo talento interno para ascender a diferentes postos.

Infórmate con máis detalle sobre as condicións laborais en Mercadona. Todas as ofertas de emprego están dispoñibles no Portal de Emprego de Mercadona.

Traballador nunha tenda de Mercadona Traballador nunha tenda de MercadonaTraballador nunha tenda de Mercadona.

Traballadora nun bloque loxístico de MercadonaTraballadora nun bloque loxístico de Mercadona.