Total impacto económico Mercadona durante 2022 a España

Impacto económico de Mercadona en España en 2022

15 de maio de 2023
  • A actividade directa e inducida de Mercadona en España representou o 2,05 % do PIB, máis de 680.000 empregos e unha achega ás Administracións Públicas de 9.858 millóns de euros.
  • A compañía realizou compras con orixe España polo valor de 22.323 millóns de euros

A actividade de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ten un impacto directo, indirecto e inducido na economía española. O Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie) recolle os principais datos da compañía e toda a súa cadea de montaxe no estudo "O impacto Económico de Mercadona en España 2022".

Vídeo en español

Principais datos económicos de Mercadona en España 2022

A presenza de Mercadona en España contribúe á creación de emprego e xeración de riqueza compartida, industria e servizos, repercutindo así en todas as zonas do país onde está presente.

En 2022, Mercadona e a súa cadea de montaxe supuxo 27.246 millóns de euros de achega conxunta, o que representa o 2,05 % do PIB (Produto Interior Bruto) do país, e 684.211 postos de traballo directos, indirectos e inducidos, o que se traduce no 3,59 % do emprego total en España.

Ademais, a compañía realizou compras a provedores nacionais polo valor de 22.323 millóns de euros. Grazas á colaboración con eles, a compañía constitúe unha cadea agroalimentaria sostible que persegue o crecemento compartido.

Froito da actividade xerada por Mercadona de forma indirecta e inducida, alcanzouse unha achega fiscal de 9.858 millóns de euros, o 2,1 % da recadación total estimada das Administracións Públicas españolas (incluídas cotizacións á Seguridade Social). Desta, a contribución tributaria soportada e recadada por Mercadona ás Administracións Públicas ascende a 2.170 millóns de euros, dos cales 994 millóns corresponden a pagamentos á Seguridade Social, 240 millóns ao imposto de sociedades e 792 millóns á recadación do IVE e do IRPF. Mentres que a contribución xerada como consecuencia do impacto indirecto e inducido cuantifícase en 5.916 e 1.772 millóns de euros, respectivamente.

Infografía en español

Aportación económica de Mercadona a España en 2022

Achega económica de Mercadona a España en 2022.

Coñece máis sobre a actividade de Mercadona na Memoria anual 2022.

Un modelo de empresa responsable para o desenvolvemento social

Mercadona mantén un compromiso e unha implicación coa sociedade baseados na transparencia e na confianza. Exemplo diso, dende 2011 Mercadona é socio do Pacto Mundial, iniciativa a través da cal a Organización das Nacións Unidas promove os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A compañía traballa de forma constante para dar resposta a aqueles obxectivos nos que máis inflúe o impacto da súa actividade, impulsando accións medioambientais, sociais e de goberno responsables e que impacten positivamente nos ámbitos nos que ten presenza.