Mercadona baixa o prezo de 500 produtos

Mercadona baixa o prezo de 500 produtos cun aforro de 200 millóns de euros para os clientes

12 de abril de 2023
  • Esta cifra de aforro impactará na marxe da compañía en -0,6 puntos, que se suman á redución realizada pola empresa de -1,1 puntos dende 2020 para minimizar o importante incremento dos prezos de custo en orixe e na industria.
  • Os “Xefes” (clientes) poderán chegar a percibir un aforro de ata 150 € anuais na súa cesta da compra.
  • O obxectivo é seguir ofrecéndolle ao “Xefe” a mellor opción para que elabore a súa compra total coa maior calidade ao mínimo custo posible.
  • Sen tocar a calidade e garantindo a sostibilidade de toda a cadea alimentaria, a compañía anticipa a baixada de custos xeral prevista para o longo de 2023.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fiel ao seu compromiso de baixar os prezos de venda ao público cando baixan os prezos de custo, decidiron, tras comprobar que estes, aínda que lentamente, se están producindo xa no mercado, adiantarse a esta baixada de custos e axustar os seus prezos de venda dende este mes de abril en 500 dos seus produtos de consumo diario ata final de ano. Desta maneira, “O Xefe” (cliente) pode beneficiarse de antemán desta redución e percibir ata un aforro de 150 € anuais na súa cesta da compra.

A iniciativa, que se leva a cabo sen tocar a calidade dos produtos e garantindo a sostibilidade de toda a cadea alimentaria (provedores, sector produtivo, da empresa e dos traballadores), supoñerá un aforro para os clientes de 200 millóns de euros de aquí a final de ano, e terá un impacto na  marxe da compañía de -0,6 puntos, que se suman á redución realizada pola empresa de -1,1 puntos dende 2020 para minimizar o importante incremento dos prezos de custo en orixe e na industria.

A baixada de prezo destes 500 produtos, moitos dos cales estarán debidamente identificados na tenda, aplícase a numerosos alimentos de consumo diario dispoñibles en distintas seccións e negocios, como nos produtos en conserva como o atún, os lácteos como algúns queixos e iogures, froitos secos, aceites, limpeza e mantemento do fogar, alimentación para mascotas, bolería, bodega e perfumería; entre outros. Así mesmo, no caso dos produtos frescos, a compañía aproveitará as oportunidades de mercado para baixar o prezo. Un exemplo diso foi a cabaciña, o peixe, as peitugas de pavo, etc.; todos estes produtos irán tamén debidamente identificados. 

Infografía en español

Baja el precio de 500 productosMercadona baixa o prezo de 500 produtos sen tocar a calidade e garantindo a sostibilidade de toda a cadea alimentaria.