Exterior primeira tenda en Viseu

Mercadona continúa a súa expansión e abre 10 novas tendas en Portugal en 2023

11 de abril de 2023
  • Mercadona continúa co seu plan de expansión e abrirá 10 novas tendas, rematará o ano con 49 supermercados en Portugal.
  • Estas aperturas serán nos distritos de Porto (3), Braga (1), Lisboa (4), Setúbal (1) e, por primeira vez, no distrito de Coimbra (1).
  • As novas tendas seguen revelando a forte aposta realizada pola empresa en Portugal, onde prevé investir 280 millóns de euros en 2023 e crear preto de 650 novos postos de traballo.

Mercadona, empresa de supermercados, continúa co seu plan de expansión en Portugal onde abrirá, en 2023, 10 supermercados máis, o primeiro deles en maio, en Marco de Canaveses.

A punto de facer catro anos dende a primeira apertura en Portugal, en xullo de 2019, e tendo en vista a continuación do seu proxecto de expansión, Mercadona duplicará o seu investimento no país luso ata os 280 millóns de euros en 2023 que se destinan á construción do futuro Bloque Loxístico Almeirim e á apertura de novas tendas.

As novas tendas seguen demostrando o forte compromiso da cadea en Portugal e crearán arredor de 650 novos postos de traballo ao longo do ano, estables e de calidade, con contratos fixos dende o primeiro día.

Mercadona en Portugal

A empresa abriu o seu primeiro supermercado o 2 de xullo de 2019 en Canidelo, Vila Nova de Gaia e, actualmente, conta con 39 tendas nos distritos de Porto, Braga, Aveiro, Viana do Castelo, Setúbal, Santarém, Viseu, Leiria e Lisboa.

Coa apertura de 10 tendas en 2022, a compañía alcanzou un volume de vendas de 737 millóns de euros e contribuíu con 93 millóns de euros en impostos a través da empresa portuguesa Irmãdona Supermercados, con sede en Vila Nova de Gaia. Ademais, pechou o ano cun equipo de 3.500 empregados e un investimento de 140 millóns de euros.

Co obxectivo de compartir coa Sociedade parte de canto recibe dela, Mercadona incrementou, en 2022, as súas doazóns a entidades sociais, chegando a  máis de 70 institucións cun total  de 1.900 toneladas de  bens de primeira necesidade que se entregaron nos distritos onde está presente.

Infografía en español

Mapa tendas e novas aperturas de Mercadona en Portugal en 2023Mapa tendas e novas aperturas de Mercadona en Portugal en 2023.

Imaxe de cabeceira: Exterior fachada supermercado situado en Viseu.