Manuel, traballador do supermercado Mercadona de Costa Ballena en Rota, Cádiz

Manuel, traballador de Mercadona na campaña do verán conta a súa historia

25 de xullo de 2018
  • Manuel Andrade, traballador durante a campaña do verán, conta neste vídeo como é a experiencia de traballar en Mercadona.

Vídeo en español

Manuel Andrade, traballador de Mercadona, ten 24 anos e é natural de Rota (Cádiz). Traballa en Mercadona durante a campaña do verán e Semana Santa dende hai 4 anos xa que lle permite compaxinar o traballo cos seus estudos universitarios en Finanzas e Contabilidade.  

Manuel conta que empezou a traballar en Mercadona no verán de 2015 para axudar a pagar os seus estudos e que recibiu formación para as seccións de froitería, caixas e reposición.   

Destaca de traballar en Mercadona que lle gusta moito estar de cara ao público porque se considera unha persoa moi espontánea e gústalle moito tratar cos clientes. Manuel explica que en Mercadona os clientes son os "Xefes" porque son moi importantes e hai que axudalos en todo o que necesiten.

Manuel destaca que o salario en Mercadona está moi ben para empezar na empresa.

Soldo do personal base de MercadonaSalario inicial do persoal base de Mercadona e plans de formación específicos.

Táboa de salarios persoal base do MercadonaPolítica retributiva de Mercadona. O persoal base de Mercadona ascende ata un máximo de 5 tramos segundo a antigüidade.

Manuel declara que lle gustaría moito seguir traballando en Mercadona unha vez que finalice os seus estudos para poder continuar a súa vida laboral na empresa.

Tamén di que se sente moi orgulloso e moi contento de pertencer á empresa porque lle axudou a crecer como persoa.

Mercadona quere poñer en valor a implicación e o traballo que, como Manuel, realizan todas as persoas que durante campañas específicas forman parte da compañía e que, en moitos dos casos, continúan a súa vida laboral na empresa.

Condicións laborais de Mercadona

Mercadona xerou o pasado exercicio 5.000 novos empregos fixos. Esta campaña do verán 2018 a compañía xerou 9.000 empregos adicionais para responder á chegada de turistas e manter a excelencia no servizo xa que gran parte dos  traballadores e das traballadoras de Mercadona fixos no cadro de persoal gozan durante este período das súas vacacións. O período de contratación do persoal da campaña comprende de xuño a setembro.

Empregos fixos Mercadona 2017Xeración de emprego de Mercadona.

En Mercadona o Traballador ten que estar satisfeito. Todas as persoas que forman parte de Mercadona son moi importantes xa que conforman un equipo de alto rendemento, orientado á excelencia e á máxima satisfacción dos  clientes.

Para satisfacer as  traballadoras e os traballadores de Mercadona a compañía aplica unha política de Recursos Humanos diferencial cunhas condicións laborais en Mercadona que se basean en ofrecer emprego estable e de calidade, entre outros valores como a formación, a estabilidade, a promoción ou a igualdade de condicións.

Estas condicións laborais de Mercadona son as que axudan a contar cun equipo de persoas implicadas e comprometidas co proxecto Mercadona.

Mercadona aparece como a primeira empresa do sector na clasificación Merco Talento e o seu modelo de Recursos Humanos foi recoñecido pola  Organización Internacional do Traballo (OIT) das Nacións Unidas.