Traballadora de Mercadona na liña de caixas dun supermercado

Mercadona, primeira empresa en Talento no sector distribución

24 de outubro de 2017
  • Mercadona é a empresa mellor valorada do sector da distribución e a sexta a nivel nacional en capacidade para atraer e reter talento.
  • As condicións laborais de Mercadona destacan por ofrecer empregos estables e de calidade.

Mercadona é a primeira empresa no sector da distribución e a sexta a nivel global con maior capacidade para atraer e reter talento en España segundo o ranking Merco Talento. Ademais, Mercadona gañou en capacidade para atraer e reter talento xa que, tan só nun ano, pasou da novena á sexta posición no ranking.

O monitor Merco é un dos principais monitores de reputación corporativa de España e Latinoamérica. Merco Talento é a versión destinada a avaliar a xestión das persoas e existe desde 2006 coa misión de identificar as 100 empresas máis atractivas para traballar en España.

O traballador en Mercadona é un activo moi valioso e, por iso, aplicamos un modelo de recursos humanos recoñecido por ofrecer emprego fixo, bos soldos, formación e promoción interna, entre outros valores.  

A Organización Internacional do Traballo (OIT) recoñece as condicións dos traballadores de Mercadona canto a emprego estable e de calidade. Estas son as condicións laborais de Mercadona.

Sobre Merco Talento

Merco Talento estuda as diferentes dimensións reputacionais que teñer que ver co talento tendo en conta a avalición de todos os colectivos sobre o atractivo das empresas á hora de captar e reter o talento.

O monitor Merco Talento integra as valoracións de sete públicos estratéxicos  mediante 30.527 enquisas sobre os ratios de xestión en recursos humanos. En concreto, este ano contou coa opinión de 19.240 traballadores, 9.070 universitarios, 777 alumnos de escolas de negocios, máis de 1.200 cidadáns e máis de 130 responsables e expertos en diferentes ámbitos dos recursos humanos.

Imaxe de cabeceira: Jezabel, traballadora do supermercado Los Tempranales en San Sebastián de los Reyes, Madrid.