Lourdes, traballadora de Mercadona no supermercado de Valdemoro Sur en Valdemoro, Madrid.

Como son as condicións laborais en Mercadona

21 de abril de 2017
  • As condicións laborais de Mercadona destacan por ofrecer postos de traballo estables e de calidade.
  • A compañía procura satisfacer as súas traballadoras e traballadores cunha política de Recursos Humanos recoñecida por fomentar a formación, a promoción ou a equidade, entre outros valores.

O traballador en Mercadona é un activo moi importante. Para satisfacer os seus "Xefes" (clientes) mediante un servizo excelente, as traballadoras e os traballadores de Mercadona tamén teñen que estar satisfeitos. Por este motivo, Mercadona traballa para fomentar o desenvolvemento, quer persoal quer profesional, de todo o cadro de persoal a través dunha cultura de empresa, baseada no liderado, que aposta polo esforzo, a responsabilidade, o compromiso conxunto e a mellora constante. 

Para acadar este nivel de motivación, compromiso e excelencia en todas as persoas que conforman o Proxecto Mercadona, a compañía aplica unha política de Recursos Humanos baseada na verdade universal de que “para poder recibir, primeiro hai que dar”. Para iso, Mercadona ofrécelles un paquete de valores aos seus 79.000 traballadores que estes devolven día a día co seu compromiso e esforzo.

Estas son as principais condicións dos traballadores de Mercadona.

Condicións laborais en Mercadona

  • Estabilidade: Mercadona ofrece emprego estable e de calidade. O noso cadro de persoal dispón de contratos fixos para alén de soldos por riba da media do sector.

Datos traballadores de Mercadona.

  • Retribución: Mercadona recoñece os méritos e o esforzo individual e comparte os beneficios obtidos ao longo do ano co cadro de persoal. En 2017 compartiu o 25% do beneficio do ano anterior. Ademais, os traballadores e as traballadoras de Mercadona dispoñen dunha política retributiva con incrementos salariais por cada paso de tramo (ano de antigüidade) de até cinco tramos en cada posto de responsabilidade.

Política retributiva para os traballadores de Mercadona.

  • Igualdade e Equidade: en Mercadona non distinguimos por sexo, idade ou outra condición e foméntanse os valores de tolerancia, igualdade e diversidade. Un exemplo disto é que, "a mesma responsabilidade, o mesmo soldo". Dispoñemos, ademais, dun Plan de Igualdade baseado no principio de equidade.
  • Formación e Promoción: Mercadona destina importantes recursos á formación das súas traballadoras e traballadores. Non só se fomenta a formación, tamén as oportunidades de promoción interna.

Formación dos traballadores de Mercadona.

  • Conciliación: a través do liderado, Mercadona procura que as súas traballadoras e traballadores encontren o equilibrio entre os seus roles personais e profesionais. Entre outras medidas, Mercadona fomenta a planificación dos horarios para que o traballador dispoña dun horario coñecido. Outro exemplo son os Centros infantís nalgúns bloques loxísticos ou a opción de ampliación dun mes máis de baixa maternal.

Cifras conciliación traballar en Mercadona

  • Transparencia e Participación: Mercadona comparte internamente os seus obxectivos e información de empresa e fomenta o diálogo e a participación dos traballadores e traballadoras de Mercadona como chave do desenvolvemento do talento. 

En definitiva, Mercadona dispón dun Modelo de Recursos Humanos que aposta por ofrecer postos de traballo de calidade e estables, a través do fomento, a formación e a promoción, entre outros valores.

O resultado é un cadro de persoal altamente motivado e aliñado coa visión da compañía que permita acadar os obxectivos do proxecto común. 

Traballador de Mercadona no supermercado de Alxeciras, Cádiz.Enrique, traballador de Mercadona no supermercado de Alxeciras, Cádiz.

Recoñecementos ás condicións laborais de Mercadona

A Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente de Nacións Unidas, recoñeceu recentemente no seu estudo “O Emprego Atípico no Mundo”, que a xestión que Mercadona realiza dos seus Recursos Humanos é unha das chaves da estratexia de competitividade da compañía. Para a OIT, a aposta de Mercadona polo emprego estable e de calidade, así como o esforzo que realiza en formación e no reparto de beneficios cos traballadores, son factores responsables do éxito da súa política de Recursos Humanos. Ademais, Mercadona é a primeira empresa do sector Distribución no ránking Merco Talento e no da enquisa Adecco "Empresas máis felices para traballar".

Para coñeceres máis das condicións laborais en Mercadona recomendámosche visitar o espazo "O Traballador" da nosa web ou descargares a nosa Memoria anual. Para consultares ofertas de emprego de Mercadona recomendámosche visitar o apartado da web "Emprego". 

 

Foto cabeceira: Lourdes, traballadora de Mercadona no supermercado de Valdemoro Sur en Valdemoro, Madrid.