Bolsas na liña de caixas nun supermercado Mercadona.

Mercadona formaliza a súa colaboración co Banc dels Aliments Eivissa i Formentera

08 de maio de 2017
  • A cadea de supermercados e o Banc dels Aliments Eivissa i Formentera asinaron un acordo de colaboración anual co que Mercadona se compromete a doar unha tonelada de alimentos de primeira necesidade e produtos de aseo persoal á entidade benéfica. 

Mercadona e o Banc dels Aliments Eivissa i Formentera asinaron un acordo de colaboración anual para formalizaren a súa relación. Mediante o acordo acadado, a cadea de supermercados comprométese a doar unha tonelada de alimentos de primeira necesidade e produtos de aseo persoal ao Banc dels Aliments en función das necesidades concretas que estes detecten para os distribuíren entre as organizacións sociais que traballan coas persoas e familias máis necesitadas.

O Vicepresidente do Banc dels Aliments, Jaume Ródenas, e a responsable de Relacións Externas de Mercadona nas Illas Baleares, Bárbara Ordás, rubricaron este venres o acordo e durante a sinatura desde Mercadona agradeceuse “o traballo e dedicación ao servizo dos máis necesitados” que se está a levar a cabo a través do Banc dels Aliments Eivissa i Formentera.

Neste sentido, o Vicepresidente da entidade, Jaume Ródenas, agradeceu “a colaboración desinteresada de Mercadona, ademais da súa predisposición a participar na Campaña da Gran Recogida de Alimentos 2017, como xa fixo no ano pasado" que destacou "ten como obxectivo recoller o máximo de alimentos posible para poder axudar as persoas e familias máis desfavorecidas”.

Mercadona tamén colaborou nas Illas Baleares con doazóns de máis de 107 toneladas de alimentos durante o 2016 á Fundación Banco de Alimentos de Mallorca, Bancos Municipais de Maó e Ciutadella en Menorca, a Cáritas Diocesana de Ibiza e Formentera, ao Comedor Social de Inca, xestionado por Cáritas Diocesana de Mallorca, e ao Comedor Social de Ca l’Ardiaca, xestionado pola Asociación Altruista Es Refugi en Palma.

Dentro das accións de compromiso social, Mercadona colabora desde hai anos con diferentes institucións e organizacións benéficas de toda España como os Bancos de Alimentos, Cáritas Diocesana, a Cruz Vermella e máis de 120 comedores sociais. En 2016, Mercadona doou máis de 6.500 toneladas de alimentos o que equivale a máis de 108.000 carros da compra.